luns, 15 de xullo de 2019

Rematamos ciclo!



Rematamos ciclo e etapa!!

Vos contamos como foron os últimos días de cole, nos que moitas emocións diferentes se misturaban: alegría e nerviosismo pola chegada das vacacións, do vran, tristeza por deixar atrás espacios e lugares, persoas e viviencias, e medo, ilusión  e inquedanza polo que está por vir.


Levamos a cabo a "graduación", á que asistiron as nosas familias. 




Cada un de nós, contou cousas que sucederon nestes tres cursos de infantil, ó mesmo tempo que se amosaban fotografías deses momentos vividos.

Estabamos todos moi guapos cos nosos "birretes" confeccionados por nós.


Tamén tiñamos listas as nosas caixiñas dos tesouros de infantil.





No mes de maio Ángela propúxonos facelas porque nelas poderíamos gardar algúns recordos desta etapa, da aula, dos compañeiros....

En diálogos conxuntos propuxemos que cousas nos gustaría gardar nesta caixa, que nos recordase a etapa de infantil.

Éstas foron as nosas propostas:

- Un xoguete de clase.
-Algo de cada compañeiro.
-Un libro.
-A Carolina.
-Unha foto de grupo.
-Un colar.
-Moedas.

Finalmente escollimos e gardamos nela dous xoguetes  que tiveran algún significado especial para nós (títeres, algo feito con pezas de lego, aimais, coches,....ata unha cuncha de vieira escolleu un compañeiro..).

Para gardar nela algo que fora de todos, Ángela propúxonos facer un pequeno libro de agarimos no que cada quen deixase unha palabra, un debuxo, de recordo.
Libremente, fomos xuntándonos con compañeiros para que deixaran o seu agarimo no noso libro e viceversa.

Pode que non teñamos os de todos xa que non era doado, fumos levando a cabo durante momentos libres do día, e debíamos revisar no libro quen nos faltaba, buscalo, pedirlle o agarimo..




Tamén deixamos a nos pegada do dedo estampada en cada caixa de cada compañeiro, nun debuxo que cada quen fixo previamente coa forma que quixo: corazón, can, símbolo celta, man,...


Ademais. para levar un recordo de Carolina, nos fotografimamos individualmente con ela e na caixa gardamos a foto.

Tamén gardamos unha foto de grupo que nos fixemos, coas nosas camisetas decoradas por nós.


O colar que gardamos nela foi o que fixemos, imitando un torque



E o libro, un pequeniño que fomos escollendo sen mirar nunha bolsa na que estaban todos gardados, xa que eran diferentes uns doutros.

Tamén irían na caixa un dvd coas fotos e videos do curso e a orla.



Pero antes de encher as caixas, tivemos que preparalas, pintalas antes con témpera






E cando secaron, pasamos a decoralas, pegándolles papeis de todo tipo e textura, formas troqueladas, pegatinas,...calquera material que houbese na clase nos valía, o importante é que fora moi persoal, ó gusto de cada quen...ata cunchas pegou algún compañeiro...





Esas últimas semanas estabamos ansiosos por levarnos a caixa, con todos os tesouros dentro.




Desfrutamos moito preparando as caixas, gardando recordos....

Recordos de momentos vividos.
Momentos compartidos.

A familia de Cecilia preparounos algúns deles neste emotivo video:



Moitas gracias!! Fermoso recordo!








domingo, 7 de xullo de 2019

Así nos foi cos Celtas





A nosa investigación dos CELTAS rematou hai un par de meses.
Ademáis de responder ás preguntas que nos fixeramos, tamén fomos anotando no noso mural algúns outros descubrimentos.



Por outra parte, algúns  compañeiros  visitaron CASTROS que existen na nosa comunidade, como por exemplo o do monte Santa Tegra, na Guarda e quixeron contarnos o que alí viron; trouxeron información de alí e fotografías.


Como Ariadna


Gema


Cecilia




Mario



Ainhoa


Brais, que foi nestas vacacións


E outros compañeiros como Martín e Mauro

Ademáis creamos un mural co afabeto Ogham, que descubrimos que ó parecer os celtas de Irlanda utilizaban.



Tamén descubrimos que os Celtas lle daban moitísima importancia ás árbores, que consideraban máxicas e sagradas. Cada mes se correspondía, na súa cultura, cunha árbore.
Tivemos que buscar nun listado, a árbore que nos correspondía a cada un de nós, para anotalo no noso dossier individual.



Os celtas, sobre todos os máis ricos, utilizaban uns colares chamados "torques", que xa no museo nos ensinaran.


Nós os fixemos primeiro con plastilina e logo con masa branca.




Con masa branca os fixemos con boliñas



que debíamos ensartar nun aramio, pois unha vez que a masa secase, perdería toda flexibilidade e sería imposible poder poñelos no pescozo pois romperían, e deste xeito sí poderemos facelo.






Unha vez que secaron, os pintamos con témperas e pincel, algúns dunha soa cor, outros de varias combinadas...




Cando secaron, lle engadimos unhas boliñas de cores para rematar o colar na parte final de cada extremo



e durante uns días pasaron a formar parte da nosa exposición na aula



ata que os gardamos cada un na súa "caixa dos tesoros de infantil", pois unha das cousas que propuxo unha compañeira foi gardar os colares alí.




(noutra entrada vos explicaremos en que consistiu a caixa dos tesouros)


Tamén descubrimos a figura do DRUIDA.. que era moi importante na cultura celta.

A profe trouxo uns comics sobre unha tribu celta, os galos, que ten como protagonistas a Astérix e Obélix e como druida a Panoramix.



Vimos un trociño duns debuxos sobre esta historia
e buscamos nos libros ao druida así como casas celtas ou símbolos.




Tamén estivemos facendo uns debuxos con símbolos celtas, para as nosas camisetas, que como en cursos anteriores, se imprimiron nelas.

Foi a nosa proposta cando fixemos unha choiva de ideas sobre a temáticas dos debuxos.



Cando tivemos as camisetas listas, nos fixemos unha foto de grupo, de recordo.


Como temos na aula o mural,


nel puidemos miralos e fixarnos ben para debuxalos o mellor posible.

Ademais, expusemos o que descubrimos aos compañeiros de 4º de primaria, que pronto empezarían a estudar aos celtas na súa materia.








Unha vez rematado o mural, o colocamos no corredoiro, para darlle un valor informativo, ademáis de expositivo.



Gustounos moito participar nesta proposta e aínda en moitos momentos de xogo libre desfrutamos creando e imaxinando lugares e historias nas que os celtas e os seus símbolos están presentes.









ENTRADAS