Amosando publicacións coa etiqueta SUXERENCIAS DE ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DE CLASES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SUXERENCIAS DE ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DE CLASES. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de febreiro de 2021

venres, 12 de febreiro de 2021

3 ANOS-- ARTE NA CASA- AS CREACIÓNS DE ANDREA E IZAN

 

 

Os nosos compañeiros Andrea e Izan tamén andiveron a experimentar coa pintura, na actividade proposta para arte.

 


 
 
 
 
 
 


 Fantástico rapaces!!

Quedaron moi chulos!!!

 

 


xoves, 11 de febreiro de 2021

martes, 9 de febreiro de 2021

3 ANOS- ARTE NA CASA- MARIÑA NOS MOSTRA A SÚA CREACIÓN

 

 

Como sabedes, o grupo de 3 anos está pasando un confinamento esta semana e a próxima. Na aula virtual teñen acceso a variadas propostas de xogo, traballo e experimentación.

 

No caso de arte, a proposta que se fixo foi pintar con globos e témperas de cores, e a familia de Mariña, nos manda un par de fotiños levándoa a cabo.

 

 
 

E coa súa obra xa rematada.



                                 Quedou preciosa Mariña!! Noraboa!!

mércores, 10 de xuño de 2020

ACTIVIDADES E XOGOS PSICOMOTRICES


Deixo algunhas ideas de xogos e actividades psicomotrices.



PERCORRIDO COAS PEGADAS DOS PÉS (OU CALQUERA OUTRO ELEMENTO SOBRE O QUE PISAR), EN DIFERENTES POSICIÓNS: DE FRENTE, DE LADO, UN SÓ PE, COAS PERNAS MÁIS ABERTAS, MÁIS PEGADAS...





METER TODAS AS BOLAS POSIBLES (PODEN FACERSE CON PAPEL OU PLASTILINA) DENTRO DUN CADRADO PINTADO NO CHAN CON CITNTA, BARRENDO CUNHA VASOIRA OU CEPILLO.






DESPLAZARSE SOBRE UNS "ZANCOS" CONFECCIONADOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO, POR EXEMPLO CO BOTE DE NESQUICK E LÁ OU CORDA.





DESPLAZARSE SOBRE RAIAS PINTADAS NO CHAN OU FEITAS CON CINTA OU CON LÁ..
DESPLAZARSE  LEVANDO UN OU VARIOS OBXECTOS NA MAN.





EQUILIBRIO PARADOS E EN MOVEMENTO: COLOCAR ALGÚN OBXECTO NA CABEZA E CRONOMETRAR CANTO TEMPO AGUANTAMOS SEN QUE NOS CAIA. FACER O MESMO DESPLAZÁNDONOS POR UN PERCORRIDO NO QUE PODE HABER ALGÚN OBSTÁCULO.






TENTAR LEVAR O OBXECTO NA CABEZA, ARRASTRÁNDONOS POLO CHAN, OU BEN ANDANDO A CATRO PATAS E LEVÁNDOO NAS COSTAS SEN QUE CAIA.






DESPRAZARSE DANDO SALTOS EN ZIG ZAG.





O CHAN QUEIMA: CONSTRUIR UN CAMIÑO DUN SITIO A OUTRO DA CASA SEN TOCAR NO CHAN. PODES UTILIZAR SILLAS, TEAS, COXÍNS, PAPEIS, TODO O QUE SE CHE OCURRA.





DUELO DE PINZAS: CONSISTE EN COLOCAR POLA ROUPA DO CORPO UN NÚMERO DETERMINADO DE  PINZAS, CADA XOGADOR E TRATAR DE SACARLLAS ÓS DEMÁIS E QUE NON NOS QUITEN A NÓS NINGUNHA.


xoves, 28 de maio de 2020

XOGO DIXITAL CON OBRAS DE ARTE





Deixo un xogo co que a partir de distintas obras de arte e dunha maneira lúdica se reforzan habilidades como a observación, a atención e a memoria.

Teredes que: atopar as diferenzas entre dous cadros aparentemente iguais, facer parellas unindo metades do mesmo cadro, unir un anaco moi pequeniño dunha obra coa que corresponda e facer puzzles de diferentes número de pezas.


http://www.getty.edu/gettygames/match/

ENTRADAS