Nunha sesión de arte fixemos unha activvidade que consistiu en misturar diferentes cores, introducidos previamente nunha funda de prástico, e xa ben pechada, coas mans e con rodillos de plástico, facer que as cores se misturasen e fosen desprazándose polo espazo.
Cada neno/a elixía tres cores e a comezar!!
Cando xa as tñamos listas, puidemos ver a través da caixa de luz os distintos efectos en función as cores que se proxectaban.
Este trimestre coñecimos ao artista brasileño chamado Romero Britto.
Vimos estes videos para enterarnos un pouco da súa biografía e estilo pictórico. Se queres saber máis sobre o autor, preme nos videos.
Levamos a cabo unha actividade por equipos que consistía en pintar con diferentes cores uns pedazos de cartolina, que formaban parte dun puzzle e cada puzzle representaba o animal de cada equipo.
O primeiro paso foi decoralos con rotulador negro, facendo na parte interior do corpo do animal liñas e figuras de todo tipo.
O segundo paso foi pintala con ceras de cores. Ademáis tiñamos a figura en A3 para cando rematamos de pintar, pegar todas as pezas, pois non resultaba doado.
Unha
vez pintados, unimos as pezas para formar a figura, e aínda tivemos que
pensar un pouquiño porque con tanta liña, figura e cor, non resultou
doado. Menos mal que tiñamos a plantilla de axuda!
E así de chulas quedaron as nosas composicións!!
Noutra sesión, cada quen elixiu unha figura que lle gustaría decorar seguindo o estilo de Romero Britto: bolboreta, círculos, estrelas, corazóns, princesa, unicornio, pelota, pantera... e despois de facer o deseño con diferentes formas, figuras e liñas de todo tipo, pasamos a darlles color.
Unha vez rematadas, cada un, despois de observar a súa creación, puxo un títul oá súa obra.
Con esta proposta demostramos que somos moi moi creativos/as!!!!