En Infantil 4 anos traballamos nalgunhas propostas máis en torno a Paul Klee:
Despóis de observar diversas obras do pintor, que tiñan en común as formas xeométricas e a gran diversidade de cores e tonalidades que utilizaba, levamos a cabo as nosas propias produccións, utilizando formas xeométricas de distintas cores e tamaños, para crear todo tipo de escenarios
Nalgúns casos tamén engadimos elementos con rotuladores ou fixemos un pequeno marco bordeando o folio.
A partir da obra "Casa Xiratoria"
cada quen representou en cartolina con rotulador negro, a súa casa, en versión xiratoria, como se dun planeta se tratase, para logo pasar a darlle cor con acuarelas.
Quedaron moi chulas...pero non as podemos presentar pois estes traballos quedaron no colexio gardados nas nosas carpetas.
Cando suspenderon as clases estabamos comezando a coñecer a
Vasily Kandinsky.
Descubrimos que comezou pintando paisaxes, de xeito máis realista, así que despois dun diálogo e visionado de diferentes tipos de paisaxes e os seus elementos, confeccionamos o noso propio, con lápices e ceras.
Unha vez rematados, os transformamos en "paisaxes chuviosos", dado que neses días estaba a chover moitísimo.
Tiñamos varias opcións para engadir a choiva: con témpera,
rotuladores, ceras, palliñas, trozos de tea, goma eva,papel celofán
....cada quen según os seus gustos.
Logo descubrimos que pasou dunha pintura realista a outra máis abstracta, chea de formas, liñas e puntos....e comezamos por recrear unha das súas obras, feita a base de círculos concéntricos..
E creamos os nosos propios, pintando uns con ceras manley e outros con témpera de cores.
Tamén os temos gardados no cole, así que teredes que esperar a velos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario