domingo, 19 de abril de 2020

PROPOSTA EN TORNO AOS RETRATOS


ACTIVIDADE: FOTOMONTAXE


Consiste en confeccionar unha composición cunha fotografía dun rostro (se é vosa mellor) completando na parte da cabeza e o cabelo con froitas de todo tipo.
Podemos debuxar as froitas, recortalas de revistas, imprimilas e  elixir as froitas que máis nos gustan, unha soa, varias,....iso dependerá dos vosos gustos e da vosa imaxinación.

Vos deixo algúns exemplos.







E tamén a que fixen eu mesma cun retrato meu cando tiña 5 anos.






Podedes completar a actividade, se vos apetece, pintando o marco con témperas ou pegándolle diferentes texturas (cartón, tea, lentellas, papel celofán,...).

Animádevos a facelas, a ver que divertidas quedan!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS