Que tal unha sesión con GLOBOS?
AHÍ VAN ALGUNHAS PROPOSTAS
-QUECEMENTO: MOVERSE, DE MANEIRA DIRIXIDA POR UN ADULTO, EN TORNO AO GLOBO: DIANTE, DETRÁS, XIRAR Ó REDOR, SALTAR POR ENCIMA, CARA ADIANTE E CARA ATRÁS, COLOCALO ARRIBA, ABAIXO, A UN LADO DO CORPO, Ó OUTRO, NUNHA PARTE DETERMINADA DO CORPO, DAR DETERMINADO NÚMERO DE TOQUES CON ÉL NUNHA PARTE DO CORPO, TOCAR CO GLOBO ALGO DE COR...
- DAR TOQUES AO GLOBO: CUNHA MAN, EVITANDO QUE CAIA AO CHAN, COA OUTRA MAN, INTERCALANDO AMBAS MANS.
- DAR TOQUES AO GLBO ENTRE VARIOS, SEN QUE CAIA AO CHAN E CON DIFERENTES CONSIGNAS : DARLLE CO PE, COA CABEZA, CÓBADO, DAR UNHA PALAMADA, UN SALTO NTES DE TOCALO,...
- DESPRAZAR O GLOBO ENTRE DOUS ROLOS DE PAPEL DE COCIÑA OU ELEMENTOS SIMILARES.
-FACER PERCORRIDOS: *CO GLOBO ENTRE AS PERNAS
*CO GLOBO ENTRE OS NOCELLOS
*SUXEITÁNDOO COA AXILA
*ENTRE O PESCOZO E O PEITO
- DESPRAZAR O GLOBO SOPRANDO.
-A CATRO PATAS, GUIAR O GLOBO COA CABEZA OU COAS MANS, SEGUINDO UN PEQUENO PERCORRIDO (pasar por debaixo de silla).
-DIRIXIR O GLOBO POR PEQUENOS CIRCUITOS OU CAMIÑOS, GUIÁNDOO CO PE. PROBAR A FACER PRIMEIRO CO PÉ DOMINANTE E DESPOIS CO COUTRO.
- PASARSE O GLOBO UTILIZANDO PALAS, RAQUETAS DE TENIS, BADMINTON...OU INCLUSO PODE ELABORARSE CON ELEMENTOS COITÁS.
- GOLPEAR O GLOBO SALTANDO: COLGAR UN GLOBO DO TEITO E SALTAR INTENTANDO TOCALO, COS BRAZOS, COA CABEZA, ACHEGÁNDOO OU DISTANCIÁNDOO.
- PARACAÍDAS CON GLOBOS. UTILIZANDO UNHA MANTA LIXEIRA. CUN SÓ GLOBO, MOVÉNDOO DE XEITO COORDINADO, FACÉNDOO SALTAR CADA VEZ MAÍS LONXE,... OU CON MOITOS GLOBOS E TRATAR DE SACALOS TODOS FÓRA NUN TEMPO RECORD.
- RELAXACIÓN: TUMBARSE CÓMODAMENTE MENTRES OUTRO/A NOS MASAXEA CO GLOBO FACÉNDOO RODAR SUAVEMENTE POLAS DISTINTAS PARTES DO CORPO, EMPEZANDO POLA CABEZA E REMATANDO NOS PÉS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario