Desde a última publicación pasou un tempo xa e nos atopamos no fin de curso.
Aquí vos deixo algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas de Infantil.
Bo verán!!
"AS CINCO MANCHAS DE JOAN MIRÓ"
Como na aula de 3 anos estivemos coñecendo a Joan Miró e algunhas das súas obras, partindo dun conto levamos a cabo unha actividade nas tres clases.
Consistía e salpicar manchas co pincel utilizando témpera aguada de cinco cores, as mesmas do conto (negra, azul, amarela, vermella, verde), aínda que nunha das clases elixiron as cores eles. A partir da mancha movían o papel ou cartolina para facleas seguir o seu camiño e misturarse coas outras.