Amosando publicacións coa etiqueta marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta marzo. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de abril de 2019

Divertímonos con beebot




Nas últimas sesións pasámolo moi ben creando percorridos para bee bot coas pezas de construir.

Entre todos construímos o percorrido, colocando de un en un varias pezas de cada vez.

Os equipos Jurasic World e Picachu traballaron xuntos






E os equipos Ganadores e Super héroes noutra sesión fixeron a mesma actividade.






Aquí vos deixamos un breve video no que unha compañeira axuda a outro  compañeiro guiándoo nos pasos que debe seguir para "programar" no robot o percorrido.


                                   


Á volta das vacacións máis!!


sábado, 13 de abril de 2019

Actividade cooperativa: lápices ó centro.



A última actividade cooperativa que levamos a cabo estivo basada na estructura "lápices ó centro".


Como estivemos con vocabulario sobre animais domésticos e salvaxes, nesta ocasión a proposta era a seguinte:

*DECIDIR ENTRE TODOS  DOUS ANIMAIS  SALVAXES E DOUS ANIMAIS DOMÉSTICOS.

*MONTAR O NOME DO PRIMEIRO  CON LETRAS MÓVILES DAS PIZARRAS E UNHA VEZ MONTADO







*CADA UN NO SEU FOLIO, COPIAR O NOME E DEBUXAR ESE ANIMAL.








MENTRES TODOS NON REMATABAMOS, NON SE PODÍA CONTINUAR E UNHA VEZ TODOS REMATAMOS, OS LÁPICES DEBÍAN VOLVER Ó CENTRO E PASAR Ó SEGUINTE ANIMAL.

A actividade a fixemos en dúas sesións diferentes, xa que falar e decidir, organizarse para colaborar todos, esperarse porque non todos levamos o mesmo ritmo...todo isto levou o seu tempo.

Finalmente valoramos a través das tarxetas das cariñas, como foi a nosa participación e se traballamos tranquilos.




domingo, 7 de abril de 2019

E NAYRA ......que quere ser de maior?



Nesta ocasión NAYRA levou o libro viaxeiro a casa e contounos que ela de maior quere ser VETERINARIA.

Aportou moitísimas fotos nas que aparece, desde que era moi pequeniña, con moitos animais: os cans dalgúns membros da súa familia, un camello, un porco, pombas....


Éstas son algunhas das características e cualidades de Nayra que os compañeiros destacaron e que nos valeron para confeccionar o seu acróstico.




mércores, 3 de abril de 2019

Trotacontos- Olladas de futuro



Nestas semanas de marzo estivemos inmersos nunha experiencia en torno ó medio ambiente, pois participamos na confección da revista Trotacontos, que este ano trata sobre os problemas medio ambientais e se chama "Olladas de futuro".

Esta foi a nosa aportación de aula (ademáis de colaborar na confección da portada).



E para chegar ata aquí levamos a cabo unha serie de propostas e actividades.


1- PARTINDO DUNHA IMAXE DO PLANETA TERRA, CON SIGNOS DE CONTAMINACIÓN


     xogamos a pensar arredor desta imaxe, aportando ideas de como axudar ao planeta para cambiar a       súa tristeza pola ledicia e evitar a  contaminación.
     As aportacións en líneas xerais se quedaban en debuxos,



      palabras bonitas e mostras de agarimo que por desgracia non axudarían ao noso medio ambiente,        porque o cambio está nas nosas  ACCIÓNS máis que nas nosas palabras.
      Así que o seguinte paso foi concretar máis, e preguntar na contorna familiar.

2- LEVAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PREGUNTANDO POR UN PROBLEMA MEDIO            AMBIENTAL, que, ademáis de anotar nun papel, nos debían explicar para logo nós poder                  contarllo aos compañeiros/as.

     E o fixemos moi, moi ben!
    
3- CON TODA ESTA INFORMACIÓN, CONFECCIONAMOS UN MURAL E LLE ENGADIMOS
      IMAXES QUE FOMOS ATOPANDO EN GOOGLE.




4- DE MANEIRA COMPLEMENTARIA, VISUALIZAMOS ALGUNHA CURTA 
     SOBRE O PROBLEMA DO LIXO, A SEQUÍA, OS PRÁSTICOS NO MAR....ASÍ COMO 
     IMAXES E TAMÉN ESCOITAMOS A LECTURA DALGÚNS CONTOS, COMO POR 
     EXEMPLO "RANA DE TRES OJOS".


Video sobre o problema do lixo e o refugallo: "Basuria".


Video sobre o cambio climático, sequía,....: "Una princesa en apuros"

https://youtu.be/SryEuajQMgI


5-XA MÁIS METIDOS EN MATERIA, FIXEMOS APORTACIÓNS SOBRE QUE PODEMOS FACER NÓS PARA CONTRIBUIR A COIDAR O NOSO PLANETA: ACCIÓNS NOSAS NA CASA, NO COLEXIO, NO PARQUE...




A continuación  escribimos este particular "decálogo" en diferentes "bocadillos", que logo utilizaríamos na parte prástica do traballo.





Como no medio do proceso, houbo que facer algún que outro cambio, finalmente non se utilizaron estes textos para a revista, pero sí os aproveitamos para outra actividade.


6- PREPARAMOS A PARTE ESTÉTICA OU ARTÍSTICA DA NOSA  APORTACIÓN Á                REVISTA. Aproveitando que tiñamos todavía un dos cartóns que utilizamos para facer os escudos de celtas, "reutilizamos", como dixo Nayra cando caeu na conta, ese cartón pintándoo con témpera e decorándoo con moitos debuxos que representaran un planeta limpo, verde, sano, non contaminado.




 


Así quedou


A idea inicial era, unha vez constrído un soporte para poder mantelo de pé,




 meter as nosas cabezas polas fiestras do cartón, como suxeriu Martín,(facendo que ollábamos cara os diferentes lugares do noso planeta) pero o intentamos e somos tantos que era difícil levalo a cabo. Pero, iso sí, foi moi divertido.






 7. POR ÚLTIMO, A PARTE LITERARIA: FACER UNHA ADAPTACIÓN A PARTIR DA            POESÍA   "GOSTO DE TI" DE LEONOR SANTA RITA.

(A POESÍA É MÁIS LONGA PERO NÓS TRABALLAMOS SÓ CON ESTA PARTE)


Os elementos principais, vento, sol, noite, onda...non os cambiamos. Modificamos as accións, que no noso caso se transformaban en aspectos relacionados coa contaminación, que os protagonistas da poesía, facían desaparecer.

Escribimos os textos, oganizados en parellas



Textos que logo pegamos no mural inicial de cartón, nas distintas fiestras.

E que reducidos a un tamaño máis pequeno, utilizamos tamén para a nosa páxina da revista.





Aínda nos faltan un par de actividades para rematar a experiencia en torno ó medio ambiente, pero xa somos un pouco máis conscientes do importantes que son as nosas ACCIÓNS!!


luns, 1 de abril de 2019

DIEGO de maior quere ser....




É o turno de DIEGO!

Él e a súa familia contáronnos no Libro Viaxeiro, que lle encantaría ser un SUPERHEROE e como isto non é posible como profesión, sí lle gustaría unha moi propia de heroes: POLICÍA.


A Diego gústalle moito axudar ás persoas que o necesitan e cando se fago maior seguro que cumpre con esta misión enfundado no seu traxe e montando na súa moto ou neu seu coche de policía, cos que soña desde ben pequeniño.



Como sempre facemos, o debuxamos, cos seus rizos e o decoramos coa cor que él elixiu, azul.




venres, 29 de marzo de 2019

Deseñamos as nosas marionetas



A principios de curso, Alejandro e a súa familia nos regalaron unhas marionetas que eles mesmos cortaron e coseron.




Falamos de que nalgún momento do curso faríamos algo con elas para persoalizalas e levalas para casa.


E...aínda que tardamos aínda uns meses...así foi!!

Estas semanas pasadas estivemos traballando no deseño




Cada un, en papel, debuxou cómo quería que fose a súa marioneta en fieltro: ollos, pelo, boca, dentes.....

E a verdade é que temos moita imaxinación e creatividade!!!  Porque saíron deseños moi orixinais e sobre todo moi persoais.


Cando xa a tiñamos no papel, pensamos nun nome para ela e coa axuda de Ángela, que se encargou de cortar en fieltro e en goma eva, as partes de cada títere, que cada un de nos debuxou, cada quen a montou para que quedara igual ó diseño e Ángela as foi pegando coa pistola de silicona.




E por último, de un en un, as presentamos aos compañeiros, dicíndolles como lles chamamos.




Aquí volas deixamos!
























ENTRADAS