Nestas semanas de marzo estivemos inmersos nunha experiencia en torno ó medio ambiente, pois participamos na confección da revista Trotacontos, que este ano trata sobre os problemas medio ambientais e se chama "Olladas de futuro".
Esta foi a nosa aportación de aula (ademáis de colaborar na confección da portada).
E para chegar ata aquí levamos a cabo unha serie de propostas e actividades.
xogamos a pensar arredor desta imaxe, aportando ideas de como axudar ao planeta para cambiar a súa tristeza pola ledicia e evitar a contaminación.
As aportacións en líneas xerais se quedaban en debuxos,
palabras bonitas e mostras de agarimo que por desgracia non axudarían ao noso medio ambiente, porque o cambio está nas nosas ACCIÓNS máis que nas nosas palabras.
palabras bonitas e mostras de agarimo que por desgracia non axudarían ao noso medio ambiente, porque o cambio está nas nosas ACCIÓNS máis que nas nosas palabras.
Así que o seguinte paso foi concretar máis, e preguntar na contorna familiar.
2- LEVAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PREGUNTANDO POR UN PROBLEMA MEDIO AMBIENTAL, que, ademáis de anotar nun papel, nos debían explicar para logo nós poder contarllo aos compañeiros/as.
E o fixemos moi, moi ben!
3- CON TODA ESTA INFORMACIÓN, CONFECCIONAMOS UN MURAL E LLE ENGADIMOS
IMAXES QUE FOMOS ATOPANDO EN GOOGLE.
4- DE MANEIRA COMPLEMENTARIA, VISUALIZAMOS ALGUNHA CURTA
SOBRE O PROBLEMA DO LIXO, A SEQUÍA, OS PRÁSTICOS NO MAR....ASÍ COMO
IMAXES E TAMÉN ESCOITAMOS A LECTURA DALGÚNS CONTOS, COMO POR
EXEMPLO "RANA DE TRES OJOS".
Video sobre o problema do lixo e o refugallo: "Basuria".
Video sobre o cambio climático, sequía,....: "Una princesa en apuros"
5-XA MÁIS METIDOS EN MATERIA, FIXEMOS APORTACIÓNS SOBRE QUE PODEMOS FACER NÓS PARA CONTRIBUIR A COIDAR O NOSO PLANETA: ACCIÓNS NOSAS NA CASA, NO COLEXIO, NO PARQUE...
A continuación escribimos este particular "decálogo" en diferentes "bocadillos", que logo utilizaríamos na parte prástica do traballo.
Como no medio do proceso, houbo que facer algún que outro cambio, finalmente non se utilizaron estes textos para a revista, pero sí os aproveitamos para outra actividade.
6- PREPARAMOS A PARTE ESTÉTICA OU ARTÍSTICA DA NOSA APORTACIÓN Á REVISTA. Aproveitando que tiñamos todavía un dos cartóns que utilizamos para facer os escudos de celtas, "reutilizamos", como dixo Nayra cando caeu na conta, ese cartón pintándoo con témpera e decorándoo con moitos debuxos que representaran un planeta limpo, verde, sano, non contaminado.
Así quedou
A idea inicial era, unha vez constrído un soporte para poder mantelo de pé,
meter as nosas cabezas polas fiestras do cartón, como suxeriu Martín,(facendo que ollábamos cara os diferentes lugares do noso planeta) pero o intentamos e somos tantos que era difícil levalo a cabo. Pero, iso sí, foi moi divertido.
7. POR ÚLTIMO, A PARTE LITERARIA: FACER UNHA ADAPTACIÓN A PARTIR DA POESÍA "GOSTO DE TI" DE LEONOR SANTA RITA.
(A POESÍA É MÁIS LONGA PERO NÓS TRABALLAMOS SÓ CON ESTA PARTE) |
Os elementos principais, vento, sol, noite, onda...non os cambiamos. Modificamos as accións, que no noso caso se transformaban en aspectos relacionados coa contaminación, que os protagonistas da poesía, facían desaparecer.
Escribimos os textos, oganizados en parellas
Textos que logo pegamos no mural inicial de cartón, nas distintas fiestras.
E que reducidos a un tamaño máis pequeno, utilizamos tamén para a nosa páxina da revista.
Aínda nos faltan un par de actividades para rematar a experiencia en torno ó medio ambiente, pero xa somos un pouco máis conscientes do importantes que son as nosas ACCIÓNS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario