xoves, 31 de xaneiro de 2019

Cumpreanos de Nayra



O pasado mércores 30 celebramos, coincidindo co día da Paz, o primeiro cumpreanos deste ano 2019.

Nayra foi a homenaxeada e a primeira en cumprir 6 aniños!!







FELIZ CUMPREANOS!!

martes, 29 de xaneiro de 2019

Actividade cooperativa: Pegamentos ó centro



A semana pasada levamos a cabo unha actividade cooperativa baseada nunha "estructura" que nunca levaramos a cabo, que se chama "Pegamentos ó centro".

A actividade que tiñamos que desenvolver, a través desta estructura, era a seguinte:
Debiamos pegar nun cadro e en sentido de arriba a abaixo, unha serie de números, ordeándoos do menor ó maior  (0, 2, 4, 6, 8, 10, 12,14).





Pero non se trataba de que cada quen o fixera individualmente dentro do mesmo equipo, senón que o "coordinador/a" do equipo, escollía o número que pensaba que debían pegar e preguntaba aos compañeiros se estabamos de acordo. No momento en que todos estabamos de acordo en que ese era o número correcto para pegar, todos colliamos o pegamento e pegabamos ese número no noso folio, (nesta ocasión non había un folio común para todos) devolvendo o pegamento ó centro e non se continuaba co seguinte mentres todos os compañeiros do equipo non rematasen de facelo.






Non todos seguimos o mesmo ritmo e algo que é sinxelo para un compañeiro, para outro pode resultar moi difícil, e a verdade é que todos tivemos paciencia e soubemos esperar!!

Como era a primeira vez que levabamos a cabo este tipo de estructura cooperativa, e tiñamos que incorporar as súas reglas para levala a cabo axeitadamente, a actividade proposta (ordear os números) era moi sinxela. Era máis importante COMO a levaríamos a cabo máis que o contido propiamente dito.

Cando rematamos levamos a cabo a "autoavaliación".




Esta proposta a fixemos un equipo de cada vez, mentres os outros tres estaban no recanto dos ordenadores, xogo cos animais e xogos de mesa (oca, camiño de Santiago), polos que fomos rotando, para poder participar todos nas catro propostas.






luns, 28 de xaneiro de 2019

MARIO de maior quere ser...




O seguinte compañeiro en levar o Libro Viaxeiro foi Mario, que nos contou que a él de maior lle gustaría ser FUTBOLISTA.




No seu traballo, Mario nos amosou fotos de él no campo de fútbol, adestrando, e tamén cunha das medallas que acadou. Pois xa gañou algunas delas co seu equipo.

Nos contou a súa familia tamén que lle gusta tanto tanto o futbol, que é igual que o tempo non acompañe ou aparezan outros plans no horario de fútbol, porque él non falta nunca.


Pero ademáis, a Mario gustaríalle ser futbolista PROFESIONAL e nos fixeron chegar algúns datos moi interesantes sobre os DEPORTISTAS PROFESIONAIS e as actitudes e requisitos necesarios.


E así queda reflexada a súa paixón polo fútbol no acróstico que elaboramos entre todos.




 Iso sí, os compañeiros xa dixeron que unha cousa hai que corrixila: en vez de goles, temos que escribir golazos!

Mario escolleu o vermello para decorar os debuxos que fixemos de él.





xoves, 24 de xaneiro de 2019

Obradoiro con Saraiva



A semana pasada tivemos a sorte de participar novamente nunha actividade interxeracional, con algúns membros de Saraiva: Aquilina e Pura (que estiveran con nós en Nadal), María Luisa, Lola, Laura e Dolores, xunto con dúas traballadoras: Tamara e Aldara.



Sementamos herba nunha media chea de terra, que colocamos nun vasiño de prástico. Cando as sementes xerminen e crezca a herba, convertirase no pelo dunha cara pois transformaremos o vaso, engadíndolle  ollos, nariz e boca.



Por turnos fomos participando na prantación e ó rematar, as avoas estiveron na aula con nós un ratiño, facéndose unha foto conxunta e agasallándonos cuns caramelos (se pinchades na foto, accederedes a máis momentos da experiencia).






mércores, 23 de xaneiro de 2019

O noso compañeiro JOEL nos conta que quere ser de maior..no Libro Viaxeiro.



O seguinte en levar o LIBRO VIAXEIRO foi Joel, que nos contou que de maior quere ser PILOTO de CARREIRAS e  tamén POLICÍA. Para así atrapar ós ladróns e levalos ó carcere no seu super veloz coche de carreiras.





Entre todos describimos a Joel e falamos de todas as cousas que lle gustan e se lle dan ben e con algunas das características que se dixeron se confeccionou este acróstico.




Joel  escolleu a cor azul oscura para decorar o debuxo que cada un fixo de él.





domingo, 20 de xaneiro de 2019

O libro viaxeiro comezou a súa aventura!



Á volta das vacacións de Nadal comezamos coa actividade do LIBRO VIAXEIRO, que este ano titúlase:  "De maior quero ser...".


Neses días recordamos, mirando o mural dos nomes nosos e das personaxes famosas que se chaman igual que nós, as distintas profesións que eles tiñan.





Anotamos estas profesións nun mural, para ir rexistrando todas e as que irían xurdindo cada semana co Libro viaxeiro.

Tamén vimos un video das profesións, no que aparecían algunhas que non coñecíamos.







O primeiro compañeiro en levar o libro foi MANUEL, que de maior quizáis queira ser MÚSICO, pois lle encanta a música, bailar e tocar instrumentos.
 No traballo que fixo coa súa familia, pegaron unas fotos moi divertidas nas que aparece tocando o piano, a frauta e bailando. E non podía faltar unha foto co seu profe de música, Felipe, co que pasa tan bos ratos.




De xeito paralelo a esta actividade, aproveitamos cada semana para falar do neno/a que leva o libro, o describimos físicamente, e contamos todas as cousas que nos gustan de él/ela, que lle gusta facer, que se lle dan ben.. e o/a debuxamos, fixándonos na roupa que leva posta para tratar de ser o máis detallistas posibles. Tamén decoramos o debuxo coa pegada dos nosos dedos mollada en témpera e estampada nos bordes do papel e a cor que utilizamos é a súa cor favorita.







Ademáis, con todas estas cousas que dicimos do noso compañeiro, escóllense varias para confeccionar un ACRÓSTICO: coas letras do seu nome colocadas en sentido vertical, escribimos palabras que o describen.

Este é o de Manu.





venres, 18 de xaneiro de 2019

A nosa civilización é a CELTA- Comezamos a investigar!!




Ó día seguinte de aparecer os símbolos na aula de música, e levalos a casa para preguntar, o xoves,
a maioría trouxemos a resposta e case todos coincidimos en que se trataba da CIVILIZACIÓN CELTA.



Antes de comezar tiñamos que deixar reflexado no mural das pezas de puzzle a nosa civilización. Pablo nos dixera de pegar estes símbolos, así que, como a nosa peza estaba moi alta, Ángela os pegou xunto cos que nos debuxaramos e coas respostas das familias.




Escribimos en google a palabra CELTAS e vimos imaxes de cómo eran. A encargada, Eva, escolleu una foto, dunha raíña ou princesa celta, para imprimila.

Tamén estivemos falando de máis cousas que podíamos engadir, xa que nos quedaba espacio.
Joel nos propuxo engadir a foto dunha "cidade celta" e Martín, dunha escultura celta.
Algúns de nós coincidimos tamén en pegar fotos de persoas, dos celtas. Como tiñamos a foto que escollera Eva, decidimos que esa será a que peguemos, xunto coa escultura e a cidade, e o faremos o luns.



Ademáis, hoxe pola mañá, cando chegamos, Carolina nos tiña de novo algo preparado,



que Ariadna descubriu na súa boca e limos o que poñía.


Era a palabra MENHIR. Pensamos con qué podía ter relación, se cos leóns, cos celtas ou con outro tema distinto. A maioría estábamos convencidos de que tiña relación cos celtas.


Escribimos en google a palabra e vimos imaxes. Cando Ángela imprimiu a información e nos leu con máis calma o que dicía, descubrimos que estas pedras enormes, eran monumentos que os celtas atoparon cando chegaron aos lugares nos que viviron e as integraron na súa cultura, dándolles un valor moi importante aínda que eles non as construíron.


Agora sí damos comezo ó proxecto dos CELTAS!!


mércores, 16 de xaneiro de 2019

Algo sucede na aula de música...



Esta mañá cando chegamos a clase, descubrimos que Carolina tiña unha nota para nós.


Dicía na nota que debíamos ir á aula de música.

Así que alá fomos, e nela atopamos unhas formas, como unha enorme espiral e alguna cousiña máis, feitas en tamaño grande e con distintos materiais. (o pentagrama e a clave de sol son da aula de música).

A esta composición chámaselle INSTALACIÓN ARTÍSTICA DE TRANSFORMACIÓN (o obxectivo dela, ademáis de que sirva como punto de partida ou eixe de motivación, é o de integrarse na mesma, primeiro observando, para acabar interactuando co material e transformando por completo o plantexamento inicial, dando renda solta á creación persoal e á creatividade).



Esta foi a nosa chegada á aula e a nosa reacción








Despois de movernos polo espazo, pasamos á fase de interacción, na que literalmente desfixemos a composición





e por último a de transformación, creando nós, unha nova obra.
 

 


 



O que inicialmente comezou por pequenos grupos e pequeñas construcción, derivou nunha case única
obra conxunta, construída entre todos.






Ademáis, na instalación apareceu tamén un sobre cunha carta de Carolina e unhas tarxetas circulares, cun símbolo cada unha.


Na carta falaba de que no colexio todos os nenos e profes van investigar sobre distintas civilizacións.

Tratamos de pensar en qué podía significar esta palabra, CIVILIZACIÓN, significado que máis adiante nos explicaba Carolina na carta.
Ademáis ela nos propoñía investigar nós tamén sobre unha civilización, pero non nos dixo cal.

Iso o tiñamos que averiguar coa única pista dos símbolos que viñan na carta, que repartimos e cada quen escolleu un.



Por suposto, antes de marchar deixamos todo ben recollido

E xa na pranta baixa, vimos o gran mural con forma de puzzle. Nunha das pezas había fotos pegadas e descubrimos que se trataba da civilización dos romanos.



Agora temos que pensar cómo imos representar a nosa peza do puzzle, aínda que Pablo xa nos deu a idea de pegar nela todos estes símbolos.

Na clase tentamos representar cada un o seu aínda que algún eran bastante difíciles.



Ademáis decidimos que preguntaremos na casa a ver se descubrimos a que civilización representan e así poderemos comezar a investigar!!



ENTRADAS