venres, 11 de xaneiro de 2019

Actividade con Saraiva



Na última semana de Nadal visitáronnos dúas usuarias  de Saraiva xunto cunha traballadora da asociación, que leva un tempo participando con nós en distinto tipo de actividades.



Despois de presentarse, nos dividimos en dous grandes equipos e cada unha sentou nunha das mesas con nós, e nos axudaron a levar a cabo a actividade.




Tiñamos que pintar e recortar unhas bolas para pegar en cada árbore que elas tiñan, e xusto ó lado lle escribían un desexo que nós lle iamos dicindo, un desexo de Nadal.






 



Ó rematar, volvimos xuntarnos na zona de asamblea  para escoitalas contarnos algunhas cousiñas que querían compartir e ademáis nós tamén quixemos compartir con elas a nosa panxoliña de Nadal, que lles cantamos moi moi ben.




Ademáis, tiñan unha sorpresa final. Nos trouxeran uns agasallos moi navideños, uns adornos para a árbore, e unha tarxeta de Nadal, que fixeron elas mesmas na asociación.






E unha fotiño de grupo antes de marchar, para que quede de recordo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS