No mes de Nadal, ademáis dalgunhas cousas que xa vos contamos en anteriores entradas, tamén adicamos tempo a decorar a clase e o colexio, especialmente a árbore.
Para a nosa aula, pintamos con témpera gorros de Papá Noel,
Tamén pintamos con témpera dourada ou vermella, unas bolas enormes feitas en cartón.
Nas que cando secaron, pegamos a foto da nosa cara co gorriño.
E as penduramos do teito da aula.
Ademáis confeccionamos un adorno para árbore, que o último día levaríamos para casa.
Debatimos sobre qué tipo de adorno facer e finalmente quedaron dúas opcións entre as que elixir: ÁRBORE ou ESTRELA.
E....mans á obra!!
Había que pintar os paos depresores que precisabamos para cada figura.
e logo con cola branca, pegarlles distintos materiais para decoralos.
e por último, no caso das árbores, cubrir o pao do tronco, cun cordel dourado. Isto foi o que máis nos costou levar a cabo e precisamos axuda, porque había que tensalo moito sinón se soltaba e volta a empezar.
E a colocalos na árbore, xunto cos dos nosos compañeir@s de 3 e 4 anos.
Tamén colaboramos coa biblioteca para facer moitos "ABETOS POETAS". Abetos que se farían coas mans de todos nós, que previamente pintamos de verde e no que había que pegar una palabra relacionada co Nadal, ou un desexo, poema....
Nós estivemos aprendendo unha rima neses días e como resultaba alegre e navideña, decidimos escribir cada un unha palabra para pegalas no noso abeto.
"DIN DON DIN DAN,
BADALADAS QUE DIRÁN.
NADA DIN, NADA DAN.
DIN DON DIN DAN".
Levámoslle a nosa man a Rufiño....
E que sorpresa cando fomos á biblioteca uns días despois!!
Alí estaba o abeto montado coas nosas mans e a poesía.
Tamén fixemos unha cinta para a cabeza con bonecos de neve e estrelas, para cantar a panxoliña de Nadal.
E a portada para os nosos traballos do trimestre.
Nos fotografiamos cunhas gafas moi festeiras de Papá Noel e de renos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario