Amosando publicacións coa etiqueta Infantil 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil 4 anos. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

OUTROS TRABALLOS DE ARTE FEITOS O RESTO DO CURSO

 Desde a última publicación pasou un tempo xa e nos atopamos no fin de curso.

Aquí vos deixo algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas de Infantil.

Bo verán!!


"AS CINCO MANCHAS DE JOAN MIRÓ"

Como na aula de 3 anos estivemos coñecendo a Joan Miró e algunhas das súas obras, partindo dun conto levamos a cabo unha actividade nas tres clases.

Consistía e salpicar manchas co pincel utilizando témpera aguada de cinco cores, as mesmas do conto (negra, azul, amarela, vermella, verde), aínda que nunha das clases elixiron as cores eles. A partir da mancha movían o papel ou cartolina para facleas seguir o seu camiño e misturarse coas outras.











"LA LÍNEA ES UN PUNTO QUE SALIÓ A PASEAR" PAUL KLEE

Actividade por parellas, nas que de maneira alternada os nenos trazaban unha liña e continuaban o trazo onde rematou o compañeiro. Así nun tempo determinado. Rematada a creación, dividimos o papel en dúas metades e cada neno repasou o trazo con pincel e témpera negra e por último se pintaron con acuarelas e se volveron unir as dúas metades unha vez rematadas para expoñelas xuntas.













"RECREACIÓN E VERSIÓN DO CADRO SENECIO DE PAUL KLEE"








"MURAL CONXUNTO DA PRIMAVERA" 3 ANOS










"ESTAMPACIÓN CON BOTELLAS DE PRÁSTICO PARA CREAR FLORES" 5 anos

Actividade levada a cabo pola mestra en prácticas Andrea.












martes, 3 de maio de 2022

DECORAMOS UNS TUBOS DE CARTÓN PARA TRANSFORMALOS EN PAOS MUSICAIS

 Na aula de 4 anos adicamos un par de sesións de arte a decorar uns tubos de cartón, que se convertirían en PAOS MUSICAIS.

Cada quen pintou o seu pao elixindo unha ou dúas cores para os dous extremos e na parte central escolleuse outra cor diferente, aínda que algún que outro fixemos un pequeno collage misturando moitas cores 😃








Unha vez pintados e xa secos, cada un pegou plastilina marcando os dous extremos e despois de botar moita cola en ambos lados, sumerximos o tubo en arroz e outras semillas, para que quedasen pegadas na zona onde estaba a cola branca.
                             




E por último, na parte central, que xa estaba seca, estampáronse puntiños de cores.

E así quedaron os nosos paos musicais!!

Agora só falta rematalos coa profe en clase, enchéndoos de moitos elementos sonoros.






















sábado, 26 de marzo de 2022

Pintamos con CHOCOLATE, PIMENTÓN, REMOLACHA, LIMÓN E CENORIA- Infantil 4 e 5 anos

Seguindo con Mondrian, a seguinte actividade de arte consistiu en crear uns cadros, nos que trazamos liñas e unha vez rematados, pintamos neles con algúns alimentos.


CACAO  E  PIMENTÓN


















E tamén:

REMOLACHA, LIMÓN E CENORIA.
















ENTRADAS