Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta experimentos. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de xaneiro de 2019

Experimento: O globo que se infla só.



No mes de decembro leváramos a cabo o terceiro experimento do curso, para o que utilizamos una botella de prástico, vinagre, bicarbonato, e un globo. Tamén se podía utilizar un colador para facilitar a tarefa.





Debíamos meter bicarbonato no globo, con axuda do colador e logo enganchar o globo á boca da botella, na que previamente meteramos vinagre. O xuntarse o bicarbonato co vinagre, producíase una reacción que facía que o globo se inflase sen necesidade de soplar, porque con esta reacción se producía dióxido de carbono, que coa forza da mistura, o inflaba.

Tiñamos varias teorías: que si estouparía, que si sairía voando cara o teito, que sairía disparado, e tamén alguén dixo que se inflaría.


En decembro o fixemos en gran grupo e hoxe o levamos a cabo nos equipos cooperativos, coa consigna de participar todos na posta en práctica do experimento.


EQUIPO  PICACHU




                                                                          




 


EQUIPO  JURASIC WORLD

 
 
 





EQUIPO GANADORES





EQUIPO  SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES






E despois de poñelo en práctica, trasladamos a papel o máis característico do experimento.
 
 
 

 
 


xoves, 22 de novembro de 2018

Experimento de novembro- A auga que non cae

Nesta semana levamos a cabo o experimento "A auga que non cae".

Como sempre facemos, dialogamos e elaboramos hipóteses sobre o que sucedería co material presentado, neste caso, un vaso con auga e un papel, ou cartolina.

Unha vez averiguado en que consistía o experimento e constadado se algún de nós ía ben encamiñado, levámolo a cabo de forma conxunta e con axuda da profe.

Tratábase de tapar un vaso cheo de auga cun trozo de papel, darlle a volta e comprobar asombrados que o papel quedaba pegado ó borde do vaso e a auga non caía.



Volvimos a pensar por qué sucedería isto e por fin averiguamos a razón, tamén explicada no video.

E por último, o que máis nos gusta a todos, levalo a cabo nós mesmos, nos distintos equipos.







Todos en cada equipo probamos a facelo aínda que non a todos nos saíu á primeira e tivemos que intentalo varias veces.


E por último rexistramos algúns datos do experimento como materiais, título, número de experimento (o segundo) e debuxo.



ENTRADAS