Amosando publicacións coa etiqueta FEBREIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FEBREIRO. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de marzo de 2019

EVA de maior quere ser...




EVA foi a seguinte compañeira en colaborar xunto coa súa familia no Libro Viaxeiro.


Eva contounos que lle gustaría ser CAIXEIRA DE SUPERMERCADO e tamén PROFESORA.

Ilustrou moi pero que moi ben as dúas profesións, con fotos moi divertidas com aquela na que lle conta un conto a todos os seus bonecos, imitando á profe e ós nenos/as.

Por suposto, Eva escolleu a cor rosa para decorar o debuxo que todos fixemos dela, pois é unha cor que lle encanta.

 




luns, 4 de marzo de 2019

Deseñando os nosos escudos para o disfraz de Celta


Dspois de observar algunhas fotografías en google na que aparecían escudos celtas e ver que utilizaban tamén algúns dos símbolos que apareceran o primeiro día que comezamos o proxecto, xa tiñamos suficiente información para deseñar os nosos propios para o disfraz.




Unha vez debuxados con lápiz pasamos a perfilalos con rotuladores e logo a pintalos ou ben con témperas ou con ceras, según as preferencias de cada quen.







E por último os pegamos nun cartón duro coa mesma forma.
 



E por último unha capa de alkil para darlles brilo e rematados!!







Ademáis, vimos igual que os celtas facían, que lle daban significado a todos estes símbolos, nós explicamos aos compañeiros qué representaba o noso escudo, normalmente valores moi importantes como a amizade e a lealtade.

De un en un fomos explicando aos demáis 


e o deixamos anotado no mural da investigación xunto coas fotos dos escudos, para que nos quede de recordo xa que os levaríamos para casa o día do Entroido.



Así, os nosos escudos representan: amor eterno, fortaleza, valor, forza, lealtade, alegría, natureza, sabiduría, tormenta, día, noite, amor....

Nos gustou moito facelos e máis todavía desfilar con eles e levalos para casa!!!

venres, 1 de marzo de 2019

Entroido celta!



Qué ben o pasamos este venres no cole celebrando o Entroido!!





De cando en vez topamos con algún vikingo do que nos tivemos que defender..



Desfilamos co resto de compañeiros do colexio, todos de diferentes civilizacións.




Bailamos unha danza celta: "A danza do oso".




E degustamos os ricos postres que as familias da ANPA nos tiñan preparados, ó fondo do pavillón, ó rematar todos os bailes.


Nesta semana tamén fixemos outras actividades do Entroido, como estas máscaras que daban bastante medo, por si algún día destos nos apetece vestirnos de "choqueiros".




A continuación podedes ver a nosa danza


E premendo na seguinte foto poderedes ver o guapos que estabamos, co noso traxe e o noso escudo.

ENTROIDO CELTA


Ademáis, posamos nun fotomatón moi festeiro!!



Cumpreanos de Martín



O pasado luns 25 celebramos con Martín o seu 6º cumpreanos.



Despois de soprar a candea, desfrutamos dunha rica tarta!!





FELICIDADES MARTÍN!!!  

venres, 22 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Alejandro e Iria



O pasado martes, 19, Iria e Alejandro celebraron o seu cumpreanos con todos, xa que os dous cumpren anos no mesmo día.


Os dous sopraron a candea do 6










 Eles compartiron con nós uns ricos bizcoitos e zumes.





FELICIDADES RAPACES!!!


xoves, 21 de febreiro de 2019

Participamos no obradoiro "Verbateca"



Onte, mércores, participamos nun obradoiro moi moi entretido e tamén moi didáctico.

Nel, dúas piratas chamadas MALAPATA e MALAPETA fixeron moitos xogos nos que se trataba de acadar tesouros.

Xogos para coñecer os nomes das cores, animais, partes do corpo.... froitas....en galego.
A través de adiviñas, a expresión corporal e mesmo algún xogo de mesa, desfrutamos e aprendimos un montón.







E os tesouros eran verbas en galego

Cada vez que se superaba unha proba das propostas, se conseguía unha verba que se ía metendo no cofre.


Ó rematar, nos agasallaron cun cofre no que había unha desas verbas, para que na casa o sigamos enchendo de máis e máis verbas en galego!


Encantounos a actividade e ata saímos no xornal!!



Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe.

https://photos.app.goo.gl/W7tkbrWLpsjopvU77



mércores, 20 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Eva




O sábado 16 foi o aniversario de Eva e o luns celebrouno con nós, cunha rica tarta e soprando as candeas, como sempre facemos.ç










Eva xa ten 6 aniños!!!!




sábado, 16 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Mauro




O pasado xoves 14, coincidindo co día de San Valentín, o noso compañeiro Mauro celebrou o seu aniversario.






Despois de cantarlle e soprar a candea do 6 Mauro repartiu tarta entre os compañeiros e compartiu con nós un pequeno picoteo de gusaniños, patacas fritas....





FELICIDADES MAURO!!!!



ENTRADAS