luns, 4 de marzo de 2019

Deseñando os nosos escudos para o disfraz de Celta


Dspois de observar algunhas fotografías en google na que aparecían escudos celtas e ver que utilizaban tamén algúns dos símbolos que apareceran o primeiro día que comezamos o proxecto, xa tiñamos suficiente información para deseñar os nosos propios para o disfraz.




Unha vez debuxados con lápiz pasamos a perfilalos con rotuladores e logo a pintalos ou ben con témperas ou con ceras, según as preferencias de cada quen.







E por último os pegamos nun cartón duro coa mesma forma.
 



E por último unha capa de alkil para darlles brilo e rematados!!







Ademáis, vimos igual que os celtas facían, que lle daban significado a todos estes símbolos, nós explicamos aos compañeiros qué representaba o noso escudo, normalmente valores moi importantes como a amizade e a lealtade.

De un en un fomos explicando aos demáis 


e o deixamos anotado no mural da investigación xunto coas fotos dos escudos, para que nos quede de recordo xa que os levaríamos para casa o día do Entroido.



Así, os nosos escudos representan: amor eterno, fortaleza, valor, forza, lealtade, alegría, natureza, sabiduría, tormenta, día, noite, amor....

Nos gustou moito facelos e máis todavía desfilar con eles e levalos para casa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS