Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de abril de 2019

Saída a MUSEO e TEATRO de Pontevedra.





Este venres 26 visitamos o museo de Pontevedra.





O día anterior estivemos mirando algunhas fotos do museo na pizarra dixital e falando do que alí nos podíamos atopar así como de normas básicas necesarias para poder visitar un museo.


Estabamos moi entusiasmados na visita xa que unha parte da mesma trataría sobre os CASTROS celtas e algún que outro aspecto máis desta civilización, que é a do noso proxecto.

E así foi!!




Alí vimos fotografías e pequenas maquetas con respresentacións das casas e castros celtas, imaxes do tipo de vida e profesións básicas, alimentos, vestimentas e a nosa guía, Maruxa, quedou ben sorprendida de que soubéramos tantas cousas sobre os celtas.






Tamén puidemos probarnos un TORQUE dourado, como os que os celtas máis ricos levaban postos.









Puidemos tocar distintos materiais, tanto desta civilización, como da dos romanos, dos que tamén nos falou Maruxa, que foron os que introduciron a escritura, o viño ou as moedas.















Maruxa tamén nos falou sobre a Prehistoria e os petróglifos e vimos a mostra dun deles  gravado en pedra.










Á saída do teatro merendamos na praza de Mugártegui e tivemos que marchar ben rapidiño ata o teatro da Fundación, así que nos dimos un moi bo paseo polo casco vello, que estaba cheo de xente.






No teatro desfrutamos dunha obra divertidísima, e unha adaptación excelente da historia do "parrulo feo".






Pasámolo de medo e ó chegar a escola tivemos o noso momento de lecer despois dunha mañá tan axetreada!!

Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe



sábado, 13 de abril de 2019

Día de teatro no cole e nós somos os protas!!



Este luns pasado o noso grupo representamos para todos os compañeiros de Infantil dúas obriñas que durante este trimestre estivemos preparando coa profe María, nas sesións nas que desdobramos.

Así, a metade de nenos representamos "A cebra Camila" e a outra metade "A mellor sopa do mundo".





Pero para actuar o día esperado, houbo que ensaiar moito, preparar atrezzo, escenario e demáis...e ata preparamos unha invitación para casa e outra para cada aula de infantil.




Ademáis ese mesmo día, pero pola tarde, tamén representamos as obras para as nosas familias.
Que emoción e que nerviossss!!!






Agradecemos a vosa asistencia e para aqueles/as que non puidestes estar, podedes ver as grabacións,
premendo en cada unha das imaxes dos contos.



Pasámalo xenial!!

Gracias profe María por esta estupenda experiencia!!










ENTRADAS