venres, 15 de novembro de 2019

INFANTIL 3 ANOS- Recantos de experimentación



Mirade que ben o pasamos cos distintos materiais dos recantos de experimentación que temos no corredor da pranta baixa.
Biblioteca
Elementos naturais cos que crear composicións
Mesas de luz con distintos elementos para experimentar nelas












luns, 11 de novembro de 2019

INFANTIL 3 ANOS- Os monstros de Samaín


En semanas pasadas, con motivo da chegada do Samaín, nas sesións de arte creamos nos dous grupos uns monstros xigantescos de dúas cabezas. A intención era que nunha das cabezas houbera un oco para meter a nosa e fotografiarnos así.

Previamente os dous grupos elixiron por votación, coa súa profe María, cal sería a forma do corpo do monstro e unha vez decidido, demos comezo.
En cada grupo, se elixiron as cores coas que pintarían o seu monstro.

No primeiro grupo elixiron as cores vermella, lila e negra e o pintaron estampando con esponxas.





No segundo grupo elixiron as cores rosa, verde e amarela e o pintaron estampando con formas de nubes, moi semellantes ao corpo do monstro.





Unha vez estivo seco, o completamos pintando e pegando diferentes partes do corpo: ollos, bocas, orellas, cornos, brazos, pernas......





E así de monstruosos nos quedaron!



domingo, 10 de novembro de 2019

5 ANOS- NA BIBLIOTECA!



Aquí quedan algunhas fotos de momentos que pasamos na biblioteca. A veces lendo libros e levando a cabo o préstamo para casa, outras traballando co caderno de lóxica matemática e outras descansando un rato depois do traballo, e defrutando dalgúns dos xogos que temos alí.













ENTRADAS