venres, 30 de novembro de 2018

Xa está listo o Libro Viaxeiro do curso pasado: O peregrino Toté.


Xa podedes ver e escoitar, no seguinte video, o conto viaxeiro creado o curso pasado polos nenos e nenas de 4 anos e as súas familias. Aínda que o texto está en galego, os audios que acompañan as ilustracións, se fixeron en castelán, para facilitar a comprensión do mesmo a unha das nosas familias.



Bo traballo familias e gracias por participar!!

venres, 23 de novembro de 2018

A nosa mascota Carolina está rematada!



Vos contáramos hai tempo que os pais de Alejandro nos trouxeran unha estructura xa montada, feita con un trozo de tubería, unha maceta e aramio,  para poder crear a nosa mascota Carolina en tamaño grande e con volumen.
 
Nunha sesión cubrimos a estructura con trozos de papel de xornal empapados en cola branca 
 
 
e cando secou a pintamos con témpera marrón.
 
 

Lle volvimos dar outra capa de cola para endurecer e darlle brilo





E fomos engadindo as distintas partes da cara con materiais da  aula, tea (para as orellas), pelotas de pin pon (para os ollos) , papel pintado (para os beizos), goma eva (para as pestanas).






E listo!!!! 
Agora Carolina está na entrada de clase, no corredoiro, agardando cada mañá a nosa chegada e despedíndose cando marchamos.


Tamén adicamos unha sesión a recrear a Carolina con plastilina.







Noutra sesión, próximamente, a recrearemos con arxila.


xoves, 22 de novembro de 2018

Experimento de novembro- A auga que non cae

Nesta semana levamos a cabo o experimento "A auga que non cae".

Como sempre facemos, dialogamos e elaboramos hipóteses sobre o que sucedería co material presentado, neste caso, un vaso con auga e un papel, ou cartolina.

Unha vez averiguado en que consistía o experimento e constadado se algún de nós ía ben encamiñado, levámolo a cabo de forma conxunta e con axuda da profe.

Tratábase de tapar un vaso cheo de auga cun trozo de papel, darlle a volta e comprobar asombrados que o papel quedaba pegado ó borde do vaso e a auga non caía.



Volvimos a pensar por qué sucedería isto e por fin averiguamos a razón, tamén explicada no video.

E por último, o que máis nos gusta a todos, levalo a cabo nós mesmos, nos distintos equipos.







Todos en cada equipo probamos a facelo aínda que non a todos nos saíu á primeira e tivemos que intentalo varias veces.


E por último rexistramos algúns datos do experimento como materiais, título, número de experimento (o segundo) e debuxo.



mércores, 21 de novembro de 2018

Hoxe tivemos un contacontos moi especial!!





Hoxe recibimos a visita da nai de Gema e a de Mauro, que representaron un conto "A bruxa e o zapateiro e o xastre" e que contaron coa axuda da avoa de Mauro.


 Ademáis,  ó rematar o conto puidemos desfrutar dunha pequena sesión de maxia por parte da bruxa, que nos deixou a todos ben sorprendid@s!!



Incluso Mauro tiña preparado un truquiño de maxia e o levou a cabo moi moi ben.


 E de despedida, polas risas e aplausos recibidos, un agasallo de recordo que nos tiñan reservado.


Moitas gracias mamás e avoa !!!












Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe.




https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157703643733035/page2/






martes, 20 de novembro de 2018

Cumpreanos de Ana



O pasado domingo Ana estivo de aniversario e o luns na escola todos lle cantamos e a agasallamos con bicos e apertas.






Moitas felicidadesss!!!!!


sábado, 17 de novembro de 2018

Unha historia excepcional




O venres vimos un video na clase que nos deixou bastante perplexos. Trata dun león que cando era un cachorro viviu en pleno contacto de humáns convertíndose na súa mascota, e encariñándose cos seus donos. O vínculo que estableceu con eles era tan forte que nunca lles fixo dano e incluso cando xa comezou a vivir en Kenia, en plena liberdade, e volveu a reencontrarse con eles, ese vínculo permanecía intacto.

Sabemos que os leóns son animais salvaxes, feroces e perigosos, pero tamén descubrimos que sempre pode existir unha excepción que confirma a regla.


Lóxica-matemática: construíndo e sumando.



Aínda que as operacións de sumar ou restar as levamos a cabo nun montón de ocasións, nas distintas relación que establecemos no noso día a día e de xeito máis natural e intuitivo (cando contamos cantos nenos e nenas hai, cando, cando restamos cantos nenos faltan ese día, cando facemos o reconto a final de mes, dos días de choiva e de sol e nubes....), tamén temos planificadas neste curso actividades concretas para levar a cabo nas sesións de lóxica-matemática e así "iniciarnos" nestas dúas operacións matemáticas.

Nestes días levamos a cabo algunhas, primeiro de xeito manipulativo, para logo trasladalo ó papel.

Seguindo as consignas das tarxetas, construímos  casas ou edificios, que tiñan determinado número de pisos  e logo as uníamos para formar unha soa máis alta.





 




Unha  vez rematadas as construccións, representamos  no papel a operación levada a cabo de xeito manipulativo.
















venres, 16 de novembro de 2018

Prantamos landras




Nesta semana, aproveitando que tiñamos na aula landras, (entre outros elementos da natureza que trouxeron algúns compañeiros), despois de tocalas, ulilas, cheiralas...plantamos algunhas e observaremos a súa evolución e as regaremos cando sexa necesario.

 








Para rematar, decoramos as dúas macetas con debuxos de carballos.





Previamente á esta tarefa, escoitamos o conto "Xaime e as landras",que tan ben nos mostra o ciclo vital, tanto dunha árbore como das persoas.

E vimos un vídeo sobre o nacemento dunha árbore, que nos soprendeu moito.
 Aquí volo deixamos.












xoves, 15 de novembro de 2018

Asistimos a unha charla sobre compostaxe moi didáctica e divertida!



Hoxe asistimos a unha charla sobre compostaxe, na que aprendimos moitas cousas interesantes e o pasamos de maravilla, porque Rocío, a encargada de transmitirnos toda esta información, o fixo dun xeito moi ameno e entretido.



A través de distintos recursos como láminas, fotografías, debuxos animados, mascotas como un enorme caracol, e mesmo unha caixa moi misteriosa, e uns trucos de maxia, conseguiu sacarnos máis dunha risa e darnos a coñecer os beneficios do COMPOST, ou "terra máxica".









E como guinda, nos agasallou cunha macetiña na que prantamos unha faba e á que lle engadimos un pouquiño de este compost, que seguro seguro fará crecer  moito as nosas prantas!





Xa na clase as etiquetamos co noso nome e lles botamos un pouquiño de auga, e como a maceta era tan pequerrecha, hoxe o fixemos cunha xeringa do maletín de médicos, para non pasarnos na cantidade.


As teremos na clase e as regaremos sempre que o precisen e cando xermole e brote as levaremos para casa.

Ademáis Rocío nos contou que pronto teremos un composteiro na escola e así xa poderemos fabricar nós mesmos a terra máxica, botando neste composterio os restos orgánicos das nosas merendas, que antes gardabamos nun cubiño e que se levaban a unha de fóra da escola.

Para ver máis fotos premede na seguinte foto.

https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157703643733035

mércores, 14 de novembro de 2018

Saída á casa do señor Pepe



Hoxe por fin fixemos a saída á casa do noso veciño Pepe, que moi gustosamente nos ensinou a súa finca chea de árbores, entre eles, castiñeiros. Ademáis de deixarnos apañar todas as castañas que quixemos, nos invitou a degustar unha mel e un marmelo boísimos.






Gracias señor Pepe!! Voltaremos!!!

Podedes ver máis fotos premendo na seguinte foto:

https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/with/72157673489633347



martes, 13 de novembro de 2018

Cumpreanos de Ariadna



Este luns festexamos na aula o cumpreanos da nosa compañeira ARIADNA, que cumprira anos o sábado.







Noraboa compañeira!  Xa 5 aniños!!

ENTRADAS