Hoxe asistimos a unha charla sobre compostaxe, na que aprendimos moitas cousas interesantes e o pasamos de maravilla, porque Rocío, a encargada de transmitirnos toda esta información, o fixo dun xeito moi ameno e entretido.
A través de distintos recursos como láminas, fotografías, debuxos animados, mascotas como un enorme caracol, e mesmo unha caixa moi misteriosa, e uns trucos de maxia, conseguiu sacarnos máis dunha risa e darnos a coñecer os beneficios do COMPOST, ou "terra máxica".
E como guinda, nos agasallou cunha macetiña na que prantamos unha faba e á que lle engadimos un pouquiño de este compost, que seguro seguro fará crecer moito as nosas prantas!
Xa na clase as etiquetamos co noso nome e lles botamos un pouquiño de auga, e como a maceta era tan pequerrecha, hoxe o fixemos cunha xeringa do maletín de médicos, para non pasarnos na cantidade.
As teremos na clase e as regaremos sempre que o precisen e cando xermole e brote as levaremos para casa.
Ademáis Rocío nos contou que pronto teremos un composteiro na escola e así xa poderemos fabricar nós mesmos a terra máxica, botando neste composterio os restos orgánicos das nosas merendas, que antes gardabamos nun cubiño e que se levaban a unha de fóra da escola.
Para ver máis fotos premede na seguinte foto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario