Vos contáramos hai tempo que os pais de Alejandro nos trouxeran unha estructura xa montada, feita con un trozo de tubería, unha maceta e aramio, para poder crear a nosa mascota Carolina en tamaño grande e con volumen.
Nunha sesión cubrimos a estructura con trozos de papel de xornal empapados en cola branca
e cando secou a pintamos con témpera marrón.
Lle volvimos dar outra capa de cola para endurecer e darlle brilo
E fomos engadindo as distintas partes da cara con materiais da aula, tea (para as orellas), pelotas de pin pon (para os ollos) , papel pintado (para os beizos), goma eva (para as pestanas).
E listo!!!!
Agora Carolina está na entrada de clase, no corredoiro, agardando cada mañá a nosa chegada e despedíndose cando marchamos.
Tamén adicamos unha sesión a recrear a Carolina con plastilina.
Noutra sesión, próximamente, a recrearemos con arxila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario