domingo, 27 de outubro de 2019

4 ANOS- ARTE- CREACIÓN LIBRE CON TÉMPERA, CERAS E ROTULADORES



Na seguinte proposta de arte traballamos en torno á creación libre: cada neno escolleu dúas cores de témpera coas que pintaría un fondo. Cunha cor pintaría un círculo (feito previamente a lápiz por cada neno, no tamaño e na posicion dentro do papel escollida por él/ela) e coa outra cor pintaría o resto do papel e no momento en que as dúas cores se atopasen levarían a cabo a mistura de cores, que nalgúns casos foi pouco perceptible, noutros sí se observou claramente e noutros  se extendeu a prácticamente todo o espacio do papel. 





Cos traballos xa secos, cada quen observou o seu, contando ós demais, a que lle recordaba o pintado, ou imaxinaba de que podía tratarse: unha praia, unha piscina, o campo, un planeta, un xardín, ....e o seguinte paso era crear con rotulador e papel elementos que compretarían o noso cadro, ese escenario imaxinado.





Os recortamos e os pegamos e con todo xa rematado cada quen puxo un título á súa obra.

Pinchando na seguinte foto podedes ver como nos quedaron.




xoves, 24 de outubro de 2019

3 ANOS- SEGUINTES SESIÓNS DE ARTE



Despois de crear en pequenos grupos as nosas obras con tizas e témpera, individualmente repetimos a mesma actividde, pintando primeiro con tizas de cores no papel e a continuación engadindo pinceladas de témpera decores.





Nunha seguinte sesión estampamos libremente con formas circulares de diferentes tamaños, e con diferentes cores.



Éstas son as nosas creacións (faltan as de 3 compañeiros que nesas sesións non viñeran á escola)








venres, 18 de outubro de 2019

4 ANOS- ESTREAMOS OS RECANTOS DO CORREDOR



No corredor da zona de Infantil iniciamos unha experiencia nova, coa instalación  duns RECANTOS de creación, construción (con elementos da natureza e mesa de luz) e biblioteca.

Isto decidiuse dado que cada vez os grupos de nenos son máis grandes e as aulas son moi pequenas e desta maneira amplíanse a zona e as posibilidades de xogo e traballo a un espazo do centro ben importante.

Son espazos nos que se creará e construirá, a veces libremente e outras veces seguindo unhas consignas concretas, e nas que se potenciarán as relacións sociais entre os compañeiros, a axuda e colaboración e a creatividade.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños co alumnado de  4 anos, que asiste en dúas quendas, aproveitando os momentos de desdoble coa mestra de apoio.
















domingo, 13 de outubro de 2019

5 ANOS- TEMOS UN NOVO AMIGO NAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS



Na seguinte sesión de "Filosofía para neno/as" por fin puidemos coñecer a Sócrates. Pero antes tivemos que descubrilo a través dun xogo. A súa imaxe estaba escondida e destapando cadrados podíamos ir vendo algunhas partes para ir inferindo de quen se trataba.

Cun equipo visionamos na pantalla a súa imaxe e a través dun cadro de dobre entrada, debíamos cada un ir escollendo o cadrado que queríamos destapar. Así, debíamos fixarnos ben nas coordenadas, dicindo o número e a letra correctas para levantar o cadrado no que estabamos interesado.


Cada vez que destapábamos un cadrado, se marcaba cun x no cadro de dobre entrada que tiñamos.








No outro equipo, como nesta ocasión non puidemos usar o proxector, o fixemos no ordenador da biblioteca e cada neno destapaba un cadrado.






O noso amiguiño Sócrates resultou ser un crocodilo, e pinchando na imaxe podedes acceder á imaxe oculta que utilizamos na sesión.



Todos puidemos tocalo, cheiralo, abrazalo...





Sócrates estaba esperándonos metido nunha caixiña e xunto con él tamén había, unhas xoaniñas e moedas de chocolate, un libro conto dunha xoaniña, unha candea e mixtos.


Todo isto o utilizaríamos nas sesións nos momentos de diálogos e conversa, para tratar de falar tranquilos, ben sentados, escoitando, gardando o turno.....




Así que quedou acordado que cada vez que levemos a cabo unha conversa en grupo, un diálogo nas sesións con Sócrates, nos sentaremos en círculo, cada quen na súa cadeira, mirándonos todos as caras, e coa candea encendida para contribuir a crear un clima distendido e tranquilo.



A continuación, pasamos a falar de Sócrates. O describimos, dicindo algunha característica súa, contamos ós demáis a que cheiraba, si nos gustaba e por qué. que pensabamos que podía estar pensando e como se podía sentir...


E como remate da sesión o debuxamos.


Para a próxima sesión comezaremos co libro da xoaniña que nos trouxo, e a ver cantas sorpresas nos agardan!





mércores, 9 de outubro de 2019

5 ANOS- XOGANDO A PENSAR...COMEZAMOS!



Neste trimestre, todos os xoves (unha semana un grupo, a seguinte o outro), os nenos e nenas de 5 anos, a partir de diferente tipo de propostas, participarán nas sesións de Filosofía para nenos.

Como o levan acabo na hora na que teñen mestra de apoio, se desdobra o grupo e por iso se realiza de maneira alterna, cada quince días.

Na primeira sesión falamos daquelas cousas que nos preocupan, ou sobre as que nos gustaría "dialogar", e éstes foron os temas propostos:

PESADELOS
O AMOR
O QUE DÁ MEDO
OS AMIGOS
OS SOÑOS
A ESCURIDADE
O LOBO
OS AGASALLOS
AS XOANIÑAS
OS PAPÁS E AS MAMÁS
AS FESTAS
AS VACACIÓNS
ANIMAIS


Ademáis, Ángela contounos que pronto viría á escola un amiguiño que a  a compañará nas sesións, Sócrates.

E todos nos puxemos a imaxinar como serÍa. 

Pero a pregunta foi......   COMO VOS GUSTARÍA QUE FOSE?

Ahí van algunhas das respostas:

          -Unha persoa de verdade.
          -Que teña boa memoria, xa que nos vai axudar a pensar..
          -Gustaríame que fose unha marioneta.
          -Que teña un cerebro grande para pensar.
         -Con gafas e que escoite música.
         -Que me axude a ler os liros.
          -Que sexa como a miña nai
          -Gustaríame que fose un señor.
         -Que teña un bote de legos.
          -Unha persoa boa. 
         -Se é bo non me da medo. Quero que sexa un humano.
         -Unha chica..
         -Un cabaleiro con espada.
         -Un príncipe.
         -Un golfiño.
         -Me gustaría que fose un boneco, pequeniño e amarelo como un poliño.
         -Que sexa o noso amigo.
         -Un elefante azul como as nubes.



Para finalizar debuxamos ó noso misterioso amigo, tal e como nos gustaría que fose.


Na seguinte sesión por fin puidemos descubrir de quen se trataba e volo contaremos pronto!






domingo, 6 de outubro de 2019

4 ANOS- PRIMEIRAS SESIÓNS DE ARTE



Na primeira sesión de ARTE, experimentamos libremente coa témpera e o pincel, nun mural conxunto no que pintando todos ó mesmo tempo tratamos de respetar as pinceladas e creacións dos compañeiro/as.
Ademáis, ó rematar de pintar, cada neno/a elixiu unha cor para levar a cabo unha técnica prástica, que consistía en botar un montonciño de pintura, cubrilo cun anaco de algodón, e cun martelo dar moitos golpeciños sobre él e descubrir como a pintura salpicaba no mural de distintas maneiras e quedaba estampada.

No primeiro grupo, unha vez rematado e seco, o completamos engadindo lineas con cinta branca, decidindo cada quen por onde quería situala e a lonxitude. Tamén continuamos engadindo pintura para acabar de encher os ocos brancos.



No segundo grupo pintamos do mesmo xeito, variando na gama de cores e o finalizamos pegando anaquiños de trozos de papel de distintas cores, brilos, texturas....e incluso pegando algunha folla...







Estas dúas creacións conxuntas, serán as que decoren os recantos do corredor, de experimentación e creación. E nos servirán tamén para ir expoñendo en papel as distintas creacións que levemos  a cabo neles.
De este modo, con estas funcións adquiren un valor social e cultural e nos farán sentir moi orgullosos/as da nosa obra!



sábado, 5 de outubro de 2019

3 ANOS- EXPERIMENTANDO CON TIZAS E TÉMPERA



Nas primeiras sesións de ARTE, os de 3 anos experimentaron libremente con tizas de cores, plasmando en cartolinas negras as súas representacións.

A continuación, de xeito individual, cada quen elixiu unha cor de témpera e co pincel tamén se expresou libremente na obra inicial, tentando respetar os trazos e debuxos representados.









Unha vez rematadas todas, expuxéronse no corredor, pretiño da clase.


xoves, 3 de outubro de 2019

DAMOS COMEZO A UN NOVO CURSO!!



Benvidos/as a este novo curso escolar!
Neste blog poderedes ir coñecendo algunhas das actividades que se levarán a cabo nos momentos de apoio en cada unha das aulas de infantil, impartidas pola mestra Ángela.

Actividades de Arte, Filosofía para nenos (xogar a pensar), lóxica-matemática, psicomotricidade, recantos do corredor, biblioteca e todo que vaia xurdindo.

Saúdos!!!



ENTRADAS