No corredor da zona de Infantil iniciamos unha experiencia nova, coa instalación duns RECANTOS de creación, construción (con elementos da natureza e mesa de luz) e biblioteca.
Isto decidiuse dado que cada vez os grupos de nenos son máis grandes e as aulas son moi pequenas e desta maneira amplíanse a zona e as posibilidades de xogo e traballo a un espazo do centro ben importante.
Son espazos nos que se creará e construirá, a veces libremente e outras veces seguindo unhas consignas concretas, e nas que se potenciarán as relacións sociais entre os compañeiros, a axuda e colaboración e a creatividade.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños co alumnado de 4 anos, que asiste en dúas quendas, aproveitando os momentos de desdoble coa mestra de apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario