Na seguinte sesión de "Filosofía para neno/as" por fin puidemos coñecer a Sócrates. Pero antes tivemos que descubrilo a través dun xogo. A súa imaxe estaba escondida e destapando cadrados podíamos ir vendo algunhas partes para ir inferindo de quen se trataba.
Cun equipo visionamos na pantalla a súa imaxe e a través dun cadro de dobre entrada, debíamos cada un ir escollendo o cadrado que queríamos destapar. Así, debíamos fixarnos ben nas coordenadas, dicindo o número e a letra correctas para levantar o cadrado no que estabamos interesado.
Cada vez que destapábamos un cadrado, se marcaba cun x no cadro de dobre entrada que tiñamos.
No outro equipo, como nesta ocasión non puidemos usar o proxector, o fixemos no ordenador da biblioteca e cada neno destapaba un cadrado.
O noso amiguiño Sócrates resultou ser un crocodilo, e pinchando na imaxe podedes acceder á imaxe oculta que utilizamos na sesión.
Todos puidemos tocalo, cheiralo, abrazalo...
Sócrates estaba esperándonos metido nunha caixiña e xunto con él tamén había, unhas xoaniñas e moedas de chocolate, un libro conto dunha xoaniña, unha candea e mixtos.
Todo isto o utilizaríamos nas sesións nos momentos de diálogos e conversa, para tratar de falar tranquilos, ben sentados, escoitando, gardando o turno.....
Así que quedou acordado que cada vez que levemos a cabo unha conversa en grupo, un diálogo nas sesións con Sócrates, nos sentaremos en círculo, cada quen na súa cadeira, mirándonos todos as caras, e coa candea encendida para contribuir a crear un clima distendido e tranquilo.
A continuación, pasamos a falar de Sócrates. O describimos, dicindo algunha característica súa, contamos ós demáis a que cheiraba, si nos gustaba e por qué. que pensabamos que podía estar pensando e como se podía sentir...
E como remate da sesión o debuxamos.
Para a próxima sesión comezaremos co libro da xoaniña que nos trouxo, e a ver cantas sorpresas nos agardan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario