venres, 29 de marzo de 2019

Deseñamos as nosas marionetas



A principios de curso, Alejandro e a súa familia nos regalaron unhas marionetas que eles mesmos cortaron e coseron.




Falamos de que nalgún momento do curso faríamos algo con elas para persoalizalas e levalas para casa.


E...aínda que tardamos aínda uns meses...así foi!!

Estas semanas pasadas estivemos traballando no deseño




Cada un, en papel, debuxou cómo quería que fose a súa marioneta en fieltro: ollos, pelo, boca, dentes.....

E a verdade é que temos moita imaxinación e creatividade!!!  Porque saíron deseños moi orixinais e sobre todo moi persoais.


Cando xa a tiñamos no papel, pensamos nun nome para ela e coa axuda de Ángela, que se encargou de cortar en fieltro e en goma eva, as partes de cada títere, que cada un de nos debuxou, cada quen a montou para que quedara igual ó diseño e Ángela as foi pegando coa pistola de silicona.




E por último, de un en un, as presentamos aos compañeiros, dicíndolles como lles chamamos.




Aquí volas deixamos!
























mércores, 27 de marzo de 2019

Cumpreanos de Mario




Este  martes Mario  cumpriu anos e celebrouno con todos nós, cunha rica tarta e uns zumes.







E despois de soprar as candeas, a pola tarta!



Parabéns Mario!!

Modelamos a "Carolina" con arxila



Hai xa algunhas semanas desfrutamos dunha sesión de arxila e con ela modelamos a Carolina, a nosa mascota, que previamente tamén fixéramos en plastilina.
















Cando secaron as pintamos con témperas

















E esta semana as levaremos para casa!!
Sempre temos moi presente a Carolina e estamos moi pendientes das sorpresas que nos deixa, así que estará ben tela tamén na casa!




ENTRADAS