A principios de curso, Alejandro e a súa familia nos regalaron unhas marionetas que eles mesmos cortaron e coseron.
Falamos de que nalgún momento do curso faríamos algo con elas para persoalizalas e levalas para casa.
E...aínda que tardamos aínda uns meses...así foi!!
Estas semanas pasadas estivemos traballando no deseño
Cada un, en papel, debuxou cómo quería que fose a súa marioneta en fieltro: ollos, pelo, boca, dentes.....
E a verdade é que temos moita imaxinación e creatividade!!! Porque saíron deseños moi orixinais e sobre todo moi persoais.
Cando xa a tiñamos no papel, pensamos nun nome para ela e coa axuda de Ángela, que se encargou de cortar en fieltro e en goma eva, as partes de cada títere, que cada un de nos debuxou, cada quen a montou para que quedara igual ó diseño e Ángela as foi pegando coa pistola de silicona.
E por último, de un en un, as presentamos aos compañeiros, dicíndolles como lles chamamos.
Aquí volas deixamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario