Amosando publicacións coa etiqueta filosofía para nenos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta filosofía para nenos. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de outubro de 2019

5 ANOS- TEMOS UN NOVO AMIGO NAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS



Na seguinte sesión de "Filosofía para neno/as" por fin puidemos coñecer a Sócrates. Pero antes tivemos que descubrilo a través dun xogo. A súa imaxe estaba escondida e destapando cadrados podíamos ir vendo algunhas partes para ir inferindo de quen se trataba.

Cun equipo visionamos na pantalla a súa imaxe e a través dun cadro de dobre entrada, debíamos cada un ir escollendo o cadrado que queríamos destapar. Así, debíamos fixarnos ben nas coordenadas, dicindo o número e a letra correctas para levantar o cadrado no que estabamos interesado.


Cada vez que destapábamos un cadrado, se marcaba cun x no cadro de dobre entrada que tiñamos.








No outro equipo, como nesta ocasión non puidemos usar o proxector, o fixemos no ordenador da biblioteca e cada neno destapaba un cadrado.






O noso amiguiño Sócrates resultou ser un crocodilo, e pinchando na imaxe podedes acceder á imaxe oculta que utilizamos na sesión.



Todos puidemos tocalo, cheiralo, abrazalo...





Sócrates estaba esperándonos metido nunha caixiña e xunto con él tamén había, unhas xoaniñas e moedas de chocolate, un libro conto dunha xoaniña, unha candea e mixtos.


Todo isto o utilizaríamos nas sesións nos momentos de diálogos e conversa, para tratar de falar tranquilos, ben sentados, escoitando, gardando o turno.....




Así que quedou acordado que cada vez que levemos a cabo unha conversa en grupo, un diálogo nas sesións con Sócrates, nos sentaremos en círculo, cada quen na súa cadeira, mirándonos todos as caras, e coa candea encendida para contribuir a crear un clima distendido e tranquilo.



A continuación, pasamos a falar de Sócrates. O describimos, dicindo algunha característica súa, contamos ós demáis a que cheiraba, si nos gustaba e por qué. que pensabamos que podía estar pensando e como se podía sentir...


E como remate da sesión o debuxamos.


Para a próxima sesión comezaremos co libro da xoaniña que nos trouxo, e a ver cantas sorpresas nos agardan!





mércores, 9 de outubro de 2019

5 ANOS- XOGANDO A PENSAR...COMEZAMOS!



Neste trimestre, todos os xoves (unha semana un grupo, a seguinte o outro), os nenos e nenas de 5 anos, a partir de diferente tipo de propostas, participarán nas sesións de Filosofía para nenos.

Como o levan acabo na hora na que teñen mestra de apoio, se desdobra o grupo e por iso se realiza de maneira alterna, cada quince días.

Na primeira sesión falamos daquelas cousas que nos preocupan, ou sobre as que nos gustaría "dialogar", e éstes foron os temas propostos:

PESADELOS
O AMOR
O QUE DÁ MEDO
OS AMIGOS
OS SOÑOS
A ESCURIDADE
O LOBO
OS AGASALLOS
AS XOANIÑAS
OS PAPÁS E AS MAMÁS
AS FESTAS
AS VACACIÓNS
ANIMAIS


Ademáis, Ángela contounos que pronto viría á escola un amiguiño que a  a compañará nas sesións, Sócrates.

E todos nos puxemos a imaxinar como serÍa. 

Pero a pregunta foi......   COMO VOS GUSTARÍA QUE FOSE?

Ahí van algunhas das respostas:

          -Unha persoa de verdade.
          -Que teña boa memoria, xa que nos vai axudar a pensar..
          -Gustaríame que fose unha marioneta.
          -Que teña un cerebro grande para pensar.
         -Con gafas e que escoite música.
         -Que me axude a ler os liros.
          -Que sexa como a miña nai
          -Gustaríame que fose un señor.
         -Que teña un bote de legos.
          -Unha persoa boa. 
         -Se é bo non me da medo. Quero que sexa un humano.
         -Unha chica..
         -Un cabaleiro con espada.
         -Un príncipe.
         -Un golfiño.
         -Me gustaría que fose un boneco, pequeniño e amarelo como un poliño.
         -Que sexa o noso amigo.
         -Un elefante azul como as nubes.



Para finalizar debuxamos ó noso misterioso amigo, tal e como nos gustaría que fose.


Na seguinte sesión por fin puidemos descubrir de quen se trataba e volo contaremos pronto!






ENTRADAS