Amosando publicacións coa etiqueta xuño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xuño. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

NA PROCURA DO TESOURO!




No último día de clases, para despedir o curso como se merece, todos os nenos e nenas de infantil participaron nunha "búsqueda do tesouro".

Cada aula participou en dous grupos, agás os de 4 anos, que por cuestións de tempo, participaron todos xuntos.

Os piratas de infantil estaban organizados por parches de cores e só debían atopar as pistas que tivesen a mesma cor que o seu parche. As cores eran amarela e verde os de 3 anos, rosa e azul os de 4 anos e negra e laranxa os de 5 anos.

O primeiro de todo era ler a mensaxe do mapa do tesouro, na que se nos pedía a todos recitar un pequeno trabalinguas.



E cando o conseguimos, puidemos ler a PRIMEIRA PISTA!

Que nos mandaba a Marta, a nosa conserxe!!


Ela nos entregou a seguinte, que para os de 3 anos era unha imaxe que representaba un anaco dunha flor que enseguida recoñecimos, un XIRASOL!!

Os de 4 e 5 anos tivemos que pensar un pouco máis cunha adiviña que tamén falaba do xirasol.

Xa enseguida soubemos a onde había que ir, á horta!!











Na horta, xusto onde está prantado o xirasol, había unha nova pista e moitos sobres, cada un cun símbolo da cor dos piratas.

Tivemos que facer un puzzle e así descubrir cal sería o seguinte lugar o que ir a buscar outra pista.







A fotografía era do XIMNASIO!!

Alá nos fomos ó ximnasio e xa na entrada atopamos un aviso: "Coidado cos crocodilos"....... tiñamos que seguir un pequeno circuito ata chegar ao lugar onde nos esperaban os barcos piratas para navegar e atopar outra nova pista.







Esta vez eran espadas os símbolos dos sobres e neles descubrimos os de 3, cunha nova pista que nos levaba ata o PATIO de infantil.





Os de 4 e 5 tivemos que resolver un pequeno xogo de palabras e números para descubrir o lugar.

No patio, había unha nota que se nos pedía que nos fixéramos unha foto de grupo.

Os de 3 facendo un tren.



Os de 4 facendo unha roda.




Os de 5 nunha postura divertida coma esta.


Alí buscamos e atopamos unha nova pista, que falaba do noso amigo RUFIÑO!!!!




Fomos encantados á biblioteca, e alí había unha nota na que nos pedían realizar unha tarefa antes de buscar a seguinte pista.


Tiñamos que cubrir un acróstico co nome de Rufiño.

Cada grupo foi suxerindo e anotando e así quedou.








A seguinte pista era só unha palabra!! ARTE

Tiñamos claro que tiña que ver coa profe Ángela, que é quen nos deu Arte este curso.

E despois de moito pensar chegamos á conclusión de que a pista debía de estar na clase de Ángela de arte ou no seu Museo, como dixo un dos nenos.

Algún compañeiro recordou que moitas veces a vemos gardando os traballos nun lugar que está pretiño dos baños, nuns caixóns........




E así foi!!!

Alí estaba o tesouro!!!!



Uns paquetes de chuches, que repartimos nas clases.

Que ben o pasamos con todas estas aventuras!!!!!








luns, 15 de xullo de 2019

Rematamos ciclo!



Rematamos ciclo e etapa!!

Vos contamos como foron os últimos días de cole, nos que moitas emocións diferentes se misturaban: alegría e nerviosismo pola chegada das vacacións, do vran, tristeza por deixar atrás espacios e lugares, persoas e viviencias, e medo, ilusión  e inquedanza polo que está por vir.


Levamos a cabo a "graduación", á que asistiron as nosas familias. 




Cada un de nós, contou cousas que sucederon nestes tres cursos de infantil, ó mesmo tempo que se amosaban fotografías deses momentos vividos.

Estabamos todos moi guapos cos nosos "birretes" confeccionados por nós.


Tamén tiñamos listas as nosas caixiñas dos tesouros de infantil.





No mes de maio Ángela propúxonos facelas porque nelas poderíamos gardar algúns recordos desta etapa, da aula, dos compañeiros....

En diálogos conxuntos propuxemos que cousas nos gustaría gardar nesta caixa, que nos recordase a etapa de infantil.

Éstas foron as nosas propostas:

- Un xoguete de clase.
-Algo de cada compañeiro.
-Un libro.
-A Carolina.
-Unha foto de grupo.
-Un colar.
-Moedas.

Finalmente escollimos e gardamos nela dous xoguetes  que tiveran algún significado especial para nós (títeres, algo feito con pezas de lego, aimais, coches,....ata unha cuncha de vieira escolleu un compañeiro..).

Para gardar nela algo que fora de todos, Ángela propúxonos facer un pequeno libro de agarimos no que cada quen deixase unha palabra, un debuxo, de recordo.
Libremente, fomos xuntándonos con compañeiros para que deixaran o seu agarimo no noso libro e viceversa.

Pode que non teñamos os de todos xa que non era doado, fumos levando a cabo durante momentos libres do día, e debíamos revisar no libro quen nos faltaba, buscalo, pedirlle o agarimo..




Tamén deixamos a nos pegada do dedo estampada en cada caixa de cada compañeiro, nun debuxo que cada quen fixo previamente coa forma que quixo: corazón, can, símbolo celta, man,...


Ademais. para levar un recordo de Carolina, nos fotografimamos individualmente con ela e na caixa gardamos a foto.

Tamén gardamos unha foto de grupo que nos fixemos, coas nosas camisetas decoradas por nós.


O colar que gardamos nela foi o que fixemos, imitando un torque



E o libro, un pequeniño que fomos escollendo sen mirar nunha bolsa na que estaban todos gardados, xa que eran diferentes uns doutros.

Tamén irían na caixa un dvd coas fotos e videos do curso e a orla.



Pero antes de encher as caixas, tivemos que preparalas, pintalas antes con témpera






E cando secaron, pasamos a decoralas, pegándolles papeis de todo tipo e textura, formas troqueladas, pegatinas,...calquera material que houbese na clase nos valía, o importante é que fora moi persoal, ó gusto de cada quen...ata cunchas pegou algún compañeiro...





Esas últimas semanas estabamos ansiosos por levarnos a caixa, con todos os tesouros dentro.




Desfrutamos moito preparando as caixas, gardando recordos....

Recordos de momentos vividos.
Momentos compartidos.

A familia de Cecilia preparounos algúns deles neste emotivo video:



Moitas gracias!! Fermoso recordo!








ENTRADAS