Rematamos ciclo e etapa!!
Vos contamos como foron os últimos días de cole, nos que moitas emocións diferentes se misturaban: alegría e nerviosismo pola chegada das vacacións, do vran, tristeza por deixar atrás espacios e lugares, persoas e viviencias, e medo, ilusión e inquedanza polo que está por vir.
Levamos a cabo a "graduación", á que asistiron as nosas familias.
Cada un de nós, contou cousas que sucederon nestes tres cursos de infantil, ó mesmo tempo que se amosaban fotografías deses momentos vividos.
Estabamos todos moi guapos cos nosos "birretes" confeccionados por nós.
Tamén tiñamos listas as nosas caixiñas dos tesouros de infantil.
No mes de maio Ángela propúxonos facelas porque nelas poderíamos gardar algúns recordos desta etapa, da aula, dos compañeiros....
En diálogos conxuntos propuxemos que cousas nos gustaría gardar nesta caixa, que nos recordase a etapa de infantil.
Éstas foron as nosas propostas:
- Un xoguete de clase.
-Algo de cada compañeiro.
-Un libro.
-A Carolina.
-Unha foto de grupo.
-Un colar.
-Moedas.
Finalmente escollimos e gardamos nela dous xoguetes que tiveran algún significado especial para nós (títeres, algo feito con pezas de lego, aimais, coches,....ata unha cuncha de vieira escolleu un compañeiro..).
Para gardar nela algo que fora de todos, Ángela propúxonos facer un pequeno libro de agarimos no que cada quen deixase unha palabra, un debuxo, de recordo.
Libremente, fomos xuntándonos con compañeiros para que deixaran o seu agarimo no noso libro e viceversa.
Pode que non teñamos os de todos xa que non era doado, fumos levando a cabo durante momentos libres do día, e debíamos revisar no libro quen nos faltaba, buscalo, pedirlle o agarimo..
Tamén deixamos a nos pegada do dedo estampada en cada caixa de cada compañeiro, nun debuxo que cada quen fixo previamente coa forma que quixo: corazón, can, símbolo celta, man,...
Ademais. para levar un recordo de Carolina, nos fotografimamos individualmente con ela e na caixa gardamos a foto.
Tamén gardamos unha foto de grupo que nos fixemos, coas nosas camisetas decoradas por nós.
O colar que gardamos nela foi o que fixemos, imitando un torque
E o libro, un pequeniño que fomos escollendo sen mirar nunha bolsa na que estaban todos gardados, xa que eran diferentes uns doutros.
Tamén irían na caixa un dvd coas fotos e videos do curso e a orla.
Ademais. para levar un recordo de Carolina, nos fotografimamos individualmente con ela e na caixa gardamos a foto.
Tamén gardamos unha foto de grupo que nos fixemos, coas nosas camisetas decoradas por nós.
O colar que gardamos nela foi o que fixemos, imitando un torque
E o libro, un pequeniño que fomos escollendo sen mirar nunha bolsa na que estaban todos gardados, xa que eran diferentes uns doutros.
Tamén irían na caixa un dvd coas fotos e videos do curso e a orla.
Pero antes de encher as caixas, tivemos que preparalas, pintalas antes con témpera
E cando secaron, pasamos a decoralas, pegándolles papeis de todo tipo e textura, formas troqueladas, pegatinas,...calquera material que houbese na clase nos valía, o importante é que fora moi persoal, ó gusto de cada quen...ata cunchas pegou algún compañeiro...
Esas últimas semanas estabamos ansiosos por levarnos a caixa, con todos os tesouros dentro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario