Aquí quedan algunhas fotos de momentos que pasamos na biblioteca. A veces lendo libros e levando a cabo o préstamo para casa, outras traballando co caderno de lóxica matemática e outras descansando un rato depois do traballo, e defrutando dalgúns dos xogos que temos alí.
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 10 de novembro de 2019
sábado, 13 de abril de 2019
Día de teatro no cole e nós somos os protas!!
Este luns pasado o noso grupo representamos para todos os compañeiros de Infantil dúas obriñas que durante este trimestre estivemos preparando coa profe María, nas sesións nas que desdobramos.
Así, a metade de nenos representamos "A cebra Camila" e a outra metade "A mellor sopa do mundo".
Pero para actuar o día esperado, houbo que ensaiar moito, preparar atrezzo, escenario e demáis...e ata preparamos unha invitación para casa e outra para cada aula de infantil.
Ademáis ese mesmo día, pero pola tarde, tamén representamos as obras para as nosas familias.
Que emoción e que nerviossss!!!
Agradecemos a vosa asistencia e para aqueles/as que non puidestes estar, podedes ver as grabacións,
premendo en cada unha das imaxes dos contos.
Pasámalo xenial!!
Gracias profe María por esta estupenda experiencia!!
luns, 11 de febreiro de 2019
luns, 4 de febreiro de 2019
O xogo das civilizacións
A semana pasada cando chegamos á biblio, había novidades.
Rufiño nos preparou un xogo que consiste en responder cada semana a unha pregunta sobre algunha das civilizacións que se están a investigar no colexio.
Cada grupo de alumnos, según a idade, terá unha pregunta diferente e para diferencialas, unha cor.
A cor para nós, os de infantil é a AMARELA.
Debemos ler a pregunta e responder rodeando unha das tres opcións que nos dan.
O papel que debemos cubrir tamén é de cor amarela e debemos introducilo dentro da caixa amarela.
Por cada acerto que fagamos nos selarán nun carnet individual e ó finalizar o xogo, dentro duns meses, nos premiarán tanto por participar como polo noso carnet cheo de selos, dos acertos.
Esta semana a pregunta era sobre CHINA e todos participamos alí e descubrimos uns días despois que moitos non acertamos, pois para poder responder é preciso "investigar" un pouquiño, así que esta semana decidimos que levaremos o papel a casa para investigar coas familias, a excepción dalgún compañeiro que estaba convencido de que sabía a resposta....O venres se saberá!!
Esta semana a pregunta é sobre.....ROMA.
Entre todos limos a pregunta da cartolina amarela
Esperamos as vosas respostas!!!
Esta semana a pregunta é sobre.....ROMA.
Entre todos limos a pregunta da cartolina amarela
Esperamos as vosas respostas!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ENTRADAS
-
No pasado trimestre fixemos uns gorros utilizando material de refugallo e coa temática dos animais da granxa. Unha vez agrupados por anim...
-
O seguinte en levar o LIBRO VIAXEIRO foi Joel, que nos contou que de maior quere ser PILOTO de CARREIRAS e tamén POLICÍA. Para así atr...
-
Xa está listo o video con todas as vosas recreacións de obras de arte, que están por certo, moi moi ben!! Noraboa rapaces, rapazas, e ...




















