luns, 4 de febreiro de 2019

O xogo das civilizacións



A semana pasada cando chegamos á biblio, había novidades.



Rufiño nos preparou un xogo que consiste en responder cada semana a unha pregunta sobre algunha das civilizacións que se están a investigar no colexio.


Cada grupo de alumnos, según a idade, terá unha pregunta diferente e para diferencialas, unha cor.
A cor para nós, os de infantil é a AMARELA.









Debemos ler a pregunta e responder rodeando unha das tres opcións que nos dan.
O papel que debemos cubrir tamén é de cor amarela e debemos introducilo dentro da caixa amarela.








Por cada acerto que fagamos nos selarán nun carnet individual e ó finalizar o xogo, dentro duns meses, nos premiarán tanto por participar como polo noso carnet cheo de selos, dos acertos.


Esta semana a pregunta era sobre CHINA e todos participamos alí e descubrimos uns días despois que moitos non acertamos, pois para poder responder é preciso "investigar" un pouquiño, así que esta semana decidimos que levaremos o papel a casa para investigar coas familias, a excepción dalgún compañeiro que estaba convencido de que sabía a resposta....O venres se saberá!!




Esta semana a pregunta é sobre.....ROMA.









Entre todos limos a pregunta da cartolina amarela







Esperamos as vosas respostas!!!














Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS