Hai semanas levamos a cabo unha actividade cooperativa seguindo a estructura do "folio xiratorio", que consistía en ir trazando de un en un unha liña curva ou recta, e había que trazala no lugar no que rematou o compañeiro anterior, para así ir creando unha composición, que ben podía dar como resultado algo realista e figurativo ou algo abstracto e non figurativo.
Cando rematamos a nosa composición, a observamos e pensamos nun título para ela. Aquí houbo que debatir un rato,xa que menos nunha composición que era moi moi realista, no abstracto cada quen veía unha cousa diferente.
Éstes foron os títulos decididos:
-AUTOBÚS MÁGICO
-EL BARCO 2
-PIEDRAS
-COCHE FANTÁSTICO
Por último fomos fotocopiar a obra común para que cada un individualmente a decorara como quixera.
E así quedaron as composicións, a cooperativa e as individuais.
E a continuación, un pequeno video do momento da actividade, que se fixo en dúas sesións diferentes, nos momentos nos que desdobramos o grupo, e así dous equipos un día e os outros dous outro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario