A semana pasada foi BRAIS quen levou o maletín....e transcurridos uns días, contounos que él de maior quere ser COIDADOR DE ANIMAIS.
Él e a súa familia contáronnos no libro viaxeiro, que a Brais sempre lle gustaron moito os animais e que pode pasar horas e horas xogando coa súa super colección.
Ademáis tamén nos explican en que consiste esta profesión e os lugares onde poder exercela como os zoolóxicos, acuarios, safari parks...
Como sempre facemos, describimos e falamos do noso compañeiro, aportando moitas características para o seu acróstico.
E o debuxamos decorándoo coa cor amarela, que é a que él escolleu.
Cantas profesións novas estamos coñecendo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario