sábado, 23 de xaneiro de 2021

INFANTIL 3 ANOS- ARTE: MISTURA DE CORES EN FUNDAS DE PRÁSTICO.

 

Nunha sesión de arte fixemos unha activvidade que consistiu en misturar diferentes cores, introducidos previamente nunha funda de prástico, e xa ben pechada, coas mans e con rodillos de plástico, facer que as cores se misturasen e fosen desprazándose polo espazo.

Cada neno/a elixía tres cores e a comezar!!

 

 







 

Cando xa as tñamos listas, puidemos ver a través da caixa de luz os distintos efectos en función as cores que se proxectaban.



venres, 1 de xaneiro de 2021

ARTE 5 ANOS- ROMERO BRITTO

 

 Este trimestre coñecimos ao artista brasileño chamado Romero Britto.


Vimos estes videos para enterarnos un pouco da súa biografía e estilo pictórico. Se queres saber máis sobre o autor, preme nos videos.





Levamos a cabo unha actividade por equipos que consistía en pintar con diferentes cores uns pedazos de cartolina, que formaban parte dun puzzle e cada puzzle representaba o animal de cada equipo.

O primeiro paso foi decoralos con rotulador negro, facendo na parte interior do corpo do animal liñas e figuras de todo tipo.






O segundo paso foi pintala con ceras de cores. Ademáis tiñamos a figura en A3 para cando rematamos de pintar, pegar todas as pezas, pois non resultaba doado.






Unha vez pintados, unimos as pezas para formar a figura, e aínda tivemos que pensar un pouquiño porque con tanta liña, figura e cor, non resultou doado. Menos mal que tiñamos a plantilla de axuda!




E así de chulas quedaron as nosas composicións!!

 

 









Noutra sesión, cada quen elixiu unha figura que lle gustaría decorar seguindo o estilo de Romero Britto: bolboreta, círculos, estrelas, corazóns,  princesa, unicornio, pelota, pantera... e despois de facer o deseño con diferentes formas, figuras e liñas de todo tipo, pasamos a darlles color.

Unha vez rematadas, cada un, despois de observar a súa creación, puxo un títul oá súa obra.

 
 





Con esta proposta demostramos que somos moi moi creativos/as!!!!

ENTRADAS