Este trimestre coñecimos ao artista brasileño chamado Romero Britto.
Vimos estes videos para enterarnos un pouco da súa biografía e estilo pictórico. Se queres saber máis sobre o autor, preme nos videos.
Levamos a cabo unha actividade por equipos que consistía en pintar con diferentes cores uns pedazos de cartolina, que formaban parte dun puzzle e cada puzzle representaba o animal de cada equipo.
O primeiro paso foi decoralos con rotulador negro, facendo na parte interior do corpo do animal liñas e figuras de todo tipo.
O segundo paso foi pintala con ceras de cores. Ademáis tiñamos a figura en A3 para cando rematamos de pintar, pegar todas as pezas, pois non resultaba doado.
Unha vez pintados, unimos as pezas para formar a figura, e aínda tivemos que pensar un pouquiño porque con tanta liña, figura e cor, non resultou doado. Menos mal que tiñamos a plantilla de axuda!
E así de chulas quedaron as nosas composicións!!
Noutra sesión, cada quen elixiu unha figura que lle gustaría decorar seguindo o estilo de Romero Britto: bolboreta, círculos, estrelas, corazóns, princesa, unicornio, pelota, pantera... e despois de facer o deseño con diferentes formas, figuras e liñas de todo tipo, pasamos a darlles color.
Unha vez rematadas, cada un, despois de observar a súa creación, puxo un títul oá súa obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario