domingo, 22 de novembro de 2020

ARTE 5 ANOS- Dúas propostas plásticas coa silueta dos animais de equipo.

 

Unha proposta na que estivemos traballando consistiu en cortar anaquiños de papel crepé de cores, para 
cubrir a silueta do animal.

Previamente, utilizando punzón e almofada, cada quen picou a silueta do animal do seu equipo.








Unha vez picada a silueta, utilizamos a parte que quedou oca e pegamos os anacos de papel,
misturándoos con auga....e o finalizar, sacamos os papeliñas e...... MAXIA!!









Outra actividade consistiu en pegar a silueta picada nunha cartolina, e pintar con acuarelas, 
cubrindo todo o papel, para ó rematar, despegar a silueta e descubrir o resultado.








 Vos seguiremos contando!

sábado, 7 de novembro de 2020

ROBÓTICA EN 4 ANOS

 

Este curso, na aula de 4 anos, estamos participando en propostas de programación de robótica co noso robot a abelliña Beebot.

Cada equipo dispón dun tempo para levar a cabo diferente tipo de actividades.
Nas primeiras sesións recordamos as iconas do robot e o seu funcionamento,  levamos a cabo movementos básicos como adiante-atrás tirando o dado e movéndoo según o número que salía,  programamos libremente para levar a cabo percorridos, seguimos percorridos concretos escritos en tarxetas.












 E programamos a Beebot para que pasara polas vogais que están no noso nome, seguindo a mesma orde. Tamén, un compañeiro lle dicía a outro a que vogais debía desprazarse.





Seguiremos a levar a cabo moitas propostas para ir orientándonos cada vez mellor e de paso desfrutar un montón!

ENTRADAS