Amosando publicacións coa etiqueta xaneiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xaneiro. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de xaneiro de 2020

domingo, 24 de febreiro de 2019

Actividade cooperativa-liña recta e curva









Hai semanas levamos a cabo unha actividade cooperativa seguindo a estructura do "folio xiratorio", que consistía en ir trazando de un en un unha liña curva ou recta, e había que trazala no lugar no que rematou o compañeiro anterior, para así ir creando unha composición, que ben podía dar como  resultado algo realista e figurativo ou  algo abstracto e non figurativo.











Cando rematamos a nosa composición, a observamos e pensamos nun título para ela. Aquí houbo que debatir un rato,xa que menos nunha composición que era moi moi realista, no abstracto cada quen veía unha cousa diferente.



Éstes foron os títulos decididos:


-AUTOBÚS MÁGICO
-EL BARCO 2
-PIEDRAS
-COCHE FANTÁSTICO



Por último fomos fotocopiar a obra común para que cada un individualmente a decorara como quixera.







E así quedaron as composicións, a cooperativa e as individuais.







E a continuación,  un pequeno video do momento da actividade, que se fixo en dúas sesións diferentes, nos momentos nos que desdobramos o grupo, e así dous equipos un día e os outros dous outro.













sábado, 9 de febreiro de 2019

Despedindo a semana...co baile do día da Paz




Achego nova grabación da canción "All yo need is love", cos compañeiros que faltaban, para que eles tamén se poidan ver bailándoa.





luns, 4 de febreiro de 2019

Celebrando o día da Paz











A semana pasada participamos na conmemoración do día da PAZ.



Este ano no colexio todos os nenos e nenas prepararon coa mestra de música unha coreografía da canción "All you need is love", que nese día, despois do recreo, levamos a cabo todos collidos das mans, en dúas enormes rodas.


Ademáis, coa música de fondo da canción "Imagine", un neno/a representante de cada curso leu unha frase, tanto en inglés como en galego, dun pequeno poema sobre a Paz.







Da nosa clase Martín encargouse de ler a frase correspondente.




Como nos gustou moito  a canción e o baile, decidimos que durante un tempo lle daremos  a benvida á semana bailándoa os luns, e a despediremos bailándoa o venres.


E así fixemos hoxe, mirade, mirade...












Ademáis, todos os nenos/as do colexio enchemos o corredoiro da pranta baixa do cole de debuxos de paxaros, flores, abellas, follas, .......para crear o "xardín da Paz".













Previamente dialogamos e propuxemos un montón de cousas que poderíamos pendurar das ramas do teito: números, letras, copos de neve, flores, follas, bonecos de neve, animais de todo tipo, nubes,.....





O xogo das civilizacións



A semana pasada cando chegamos á biblio, había novidades.



Rufiño nos preparou un xogo que consiste en responder cada semana a unha pregunta sobre algunha das civilizacións que se están a investigar no colexio.


Cada grupo de alumnos, según a idade, terá unha pregunta diferente e para diferencialas, unha cor.
A cor para nós, os de infantil é a AMARELA.









Debemos ler a pregunta e responder rodeando unha das tres opcións que nos dan.
O papel que debemos cubrir tamén é de cor amarela e debemos introducilo dentro da caixa amarela.








Por cada acerto que fagamos nos selarán nun carnet individual e ó finalizar o xogo, dentro duns meses, nos premiarán tanto por participar como polo noso carnet cheo de selos, dos acertos.


Esta semana a pregunta era sobre CHINA e todos participamos alí e descubrimos uns días despois que moitos non acertamos, pois para poder responder é preciso "investigar" un pouquiño, así que esta semana decidimos que levaremos o papel a casa para investigar coas familias, a excepción dalgún compañeiro que estaba convencido de que sabía a resposta....O venres se saberá!!




Esta semana a pregunta é sobre.....ROMA.









Entre todos limos a pregunta da cartolina amarela







Esperamos as vosas respostas!!!














sábado, 2 de febreiro de 2019

Xa asoma herba nas nosas macetas!!




As nosas macetas, que enchemos de terra e sementes de herba, coa axuda das avoas de Saraiva,


xa pegaron un enorme cambio e despois dunha semanas e de regalas con bastante frecuencia, así de fermosas están:





Os nosos compañeiros Unai e Arthur, que no día da prantación non estiveron, uns días despois prantaron as súas


 


e por iso aínda asoma pouco "pelo".


Sí, sí, pelo, porque vos contaramos que as imos transformar en cariñas, e así fixemos


Ángela lles pegou os ollos con silicona e nós lle debuxamos nariz, boca,...



xoves, 31 de xaneiro de 2019

Cumpreanos de Nayra



O pasado mércores 30 celebramos, coincidindo co día da Paz, o primeiro cumpreanos deste ano 2019.

Nayra foi a homenaxeada e a primeira en cumprir 6 aniños!!







FELIZ CUMPREANOS!!

ENTRADAS