Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de novembro de 2020

ROBÓTICA EN 4 ANOS

 

Este curso, na aula de 4 anos, estamos participando en propostas de programación de robótica co noso robot a abelliña Beebot.

Cada equipo dispón dun tempo para levar a cabo diferente tipo de actividades.
Nas primeiras sesións recordamos as iconas do robot e o seu funcionamento,  levamos a cabo movementos básicos como adiante-atrás tirando o dado e movéndoo según o número que salía,  programamos libremente para levar a cabo percorridos, seguimos percorridos concretos escritos en tarxetas.












 E programamos a Beebot para que pasara polas vogais que están no noso nome, seguindo a mesma orde. Tamén, un compañeiro lle dicía a outro a que vogais debía desprazarse.





Seguiremos a levar a cabo moitas propostas para ir orientándonos cada vez mellor e de paso desfrutar un montón!

venres, 19 de abril de 2019

Divertímonos con beebot




Nas últimas sesións pasámolo moi ben creando percorridos para bee bot coas pezas de construir.

Entre todos construímos o percorrido, colocando de un en un varias pezas de cada vez.

Os equipos Jurasic World e Picachu traballaron xuntos






E os equipos Ganadores e Super héroes noutra sesión fixeron a mesma actividade.






Aquí vos deixamos un breve video no que unha compañeira axuda a outro  compañeiro guiándoo nos pasos que debe seguir para "programar" no robot o percorrido.


                                   


Á volta das vacacións máis!!


domingo, 2 de decembro de 2018

Bee bot o noso robot axúdanos a contar, sumar e restar.


Nalgunha sesión xa utilizáramos a bee bot coa serie numérica, e nesta ocasión, ademáis de axudarnos a subir e baixar pisos, representamos a continuación isto con sumas e restas, na pizarra. 
Un compañeiro di a outro a que piso debe levar a bee bot e cando sube, o representamos coa suma e cando baixa, coa resta.







ENTRADAS