xoves, 27 de xuño de 2019

Cumpreanos de Cecilia



Na útima semana de curso Ceci celebrou con nós que este vran cumprirá por fin os tan ansiados 6!!


Ela tamén quería soprar a candea acompañada de todos os compañeiros antes de dar comezo ás vacacións.







E despois de soprar a candea, Ceci repartiu un pedazo de tarta, ben fresquiña!




sábado, 22 de xuño de 2019

Algunhas cousiñas acontecidas nas últimas semanas




Nestas últimas semanas aconteceron moitas cousas.

Brais, de 5º visitounos para contarnos un conto, que xa contara na biblioteca e o fixera tan tan ben, que lle propuxemos  vir á nosa aula de Infantil. Nesta ocasión, contouno sen libro, xesticulando e dramatizando e gustounos moitísimo!!

Bravo Brais, tes futuro como contador de historias!!



Outro día tamén asistimos a un contacontos por parte de Rocío, unha nai da ANPA, que nos tivo en suspense ata o último momento, co conto "No abras este libro".



Ademáis, María, a compañeira inseparable de Rufiño e coordinadora da Biblioteca, fíxonos entrega das medallas e unhas golosinas pola nosa participación no Xogo das Civilizacións.

Como esperabamos este momento!!





Tamén empezamos a organizar o baile para o festival, que faríamos todos os nenos e nenas de infantil xuntos e sorteamos que animal representaríamos cada un.



Outro día, recibimos a visita sorpresa da nai e a irmá de Nayra que nos quixeron presentar a súas mascotas, dúas tartarugas, que levan xa uns anos con elas.







Tamén fixemos a excursión a Apípolis, o luns 17.
Premede na foto, para ver a entrada da saída.



Na última semana tamén fixemos unha visita ás aulas de primeiro e nos dixeron cal será a nosa, a que vedes nafoto.



Os compañeiros/as de primeiro nos contaron que cousas fan, que é o que máis lles gusta (a maioría dixeron que as matemáticas) e os xogos e xoguetes que teñen.




Ademáis nos contaron unha historia moi bonita sobre un elefante e o valor da diversidade.
Nós como despedida lles cantamos unha canción relacionada coa temática que nos gusta moito.



Tamén visitamos a outra aula de primeiro, na que está a irmá de Pablo, María Sol, que xunto con outro compañeiro, nos contaron unha historia moi divertida.





Nestes últimos días tamén estivemos preparando o acto de despedida de infantil.
Pensamos e falamos sobre que nos gustaría dicir ese día ás familias.
Tamén nos probamos os gorros que se utilizaron sempre no cole para as despedidas de ciclo e etapa.



Como nos parecían moi serios, todos tan negros, decidimos facer os nosos propios, para o cal eliximos cor e mans á obra!!




Aínda quedan cousiñas...
Nunha próxima entrada!

sábado, 15 de xuño de 2019

E PABLO? Que quere ser de maior?



Foi o turno de PABLO!!

Él de maior quere ser BOMBEIRO  e  tamén  COCIÑEIRO!
Que dúas boas profesións!!
A de bombeiro non a tiñamos anotada no noso mural así que a engadimos.




Pablo elixiu a cor carne para decorar os debuxos que todos fixemos de él.




Aínda que non elixiu a profesión de policía, a él tamén lle gusta e xoga a veces no patio a policías e cacos...

mércores, 12 de xuño de 2019

As abellas entran nas aulas de Infantil!




Hai unhas semanas Carolina nos agardaba cunha  sorpresiña! uns sobres con algo dentro, que era....nada máis e nada menos que ABELLAS!!


Tratábase de varias abellas obreiras, dúas raíñas  e  tres  avispas  velutinas.









Así que nese mesmo día comezamos  a recopilar información sobre as Abellas e  escribimos unha nota para casa pedindo colaboración con calquera información que as familias tiveran a man.

E pronto chegou!

A familia de Gema enviounos unha grabación dun abellorro co que se atoparon unha tarde de parque.



Gema ademáis amosounos e contounos algunha información moi interesante e varias noticias da prensa.



Alejandro  traballou moito en casa coa súa familia: trouxo unha colmena e un enxame, moitas abellas debuxadas por él


e ata nos trouxo un tarro de mel para degustala.







Ari nos contou algunhas cousas e outras as limos nos folios que escribiu a súa familia.





Brais  trouxo un libro de insectos cunha páxina adicada ás abellas e descubrimos moitas máis cousas.


Mauro tamén traballou un pouquiño en casa  anotando e debuxando na súa información.


Tamén Diego nos aportou algúns datos e uns debuxos moi coloridos para o noso mural.



Ceci trouxo un conto de abellas.



E Ana un libro con moitas solapas tras as que había moita información sobre as nosas amigas abellas.



E así pouco a pouco fomos creando o recanto das abellas.



Ademáis o noso veciño o señor Pepe (dono da finca na que collimos castañas) e un amigo seu viñeron contarnos moitas cousas interesantísimas sobre as abellas e as avispas velutinas.
Así nos enteramos de que as avispas velutinas veñen de China e que as nosas abellas non saben combatilas ó vir de fora e dende hai tan pouco tempo. Teñen que ir aprendendo como defenderese delas.


Despois da charla debuxamos o máis representativo.



E tamén participamos nun xogo que coñeciámos do curso pasado pero adaptado, pois nesta ocasión un compañeiro era a avispa velutina co seu aguillón (que era un pano) e o outro unha abella que debía quitarlle o aguillón e non resultaba doado pois isto debía facelo sen tocarse e movéndose dentro da roda feita por todos nós. Foi moi divertido!






Na seguinte semana tivemos a visita da nai de Martín, que trouxo unha guía de insectos na que había moitísima información sobre moitísimos tipos de abellas.







Para finalizar a actividade, Victoria nos axudou a cubrir unha gráfica para diferenciar entre abellas, avispas e abelloros.



E así vai quedando o noso recanto das abellas con todo o recopilado.


ENTRADAS