mércores, 12 de xuño de 2019

As abellas entran nas aulas de Infantil!




Hai unhas semanas Carolina nos agardaba cunha  sorpresiña! uns sobres con algo dentro, que era....nada máis e nada menos que ABELLAS!!


Tratábase de varias abellas obreiras, dúas raíñas  e  tres  avispas  velutinas.









Así que nese mesmo día comezamos  a recopilar información sobre as Abellas e  escribimos unha nota para casa pedindo colaboración con calquera información que as familias tiveran a man.

E pronto chegou!

A familia de Gema enviounos unha grabación dun abellorro co que se atoparon unha tarde de parque.



Gema ademáis amosounos e contounos algunha información moi interesante e varias noticias da prensa.



Alejandro  traballou moito en casa coa súa familia: trouxo unha colmena e un enxame, moitas abellas debuxadas por él


e ata nos trouxo un tarro de mel para degustala.







Ari nos contou algunhas cousas e outras as limos nos folios que escribiu a súa familia.





Brais  trouxo un libro de insectos cunha páxina adicada ás abellas e descubrimos moitas máis cousas.


Mauro tamén traballou un pouquiño en casa  anotando e debuxando na súa información.


Tamén Diego nos aportou algúns datos e uns debuxos moi coloridos para o noso mural.



Ceci trouxo un conto de abellas.



E Ana un libro con moitas solapas tras as que había moita información sobre as nosas amigas abellas.



E así pouco a pouco fomos creando o recanto das abellas.



Ademáis o noso veciño o señor Pepe (dono da finca na que collimos castañas) e un amigo seu viñeron contarnos moitas cousas interesantísimas sobre as abellas e as avispas velutinas.
Así nos enteramos de que as avispas velutinas veñen de China e que as nosas abellas non saben combatilas ó vir de fora e dende hai tan pouco tempo. Teñen que ir aprendendo como defenderese delas.


Despois da charla debuxamos o máis representativo.



E tamén participamos nun xogo que coñeciámos do curso pasado pero adaptado, pois nesta ocasión un compañeiro era a avispa velutina co seu aguillón (que era un pano) e o outro unha abella que debía quitarlle o aguillón e non resultaba doado pois isto debía facelo sen tocarse e movéndose dentro da roda feita por todos nós. Foi moi divertido!






Na seguinte semana tivemos a visita da nai de Martín, que trouxo unha guía de insectos na que había moitísima información sobre moitísimos tipos de abellas.







Para finalizar a actividade, Victoria nos axudou a cubrir unha gráfica para diferenciar entre abellas, avispas e abelloros.



E así vai quedando o noso recanto das abellas con todo o recopilado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS