A semana pasada nos visitaron os compoñentes de Polo correo do vento, que ademáis de repartirnos un exemplar da revista Trotacontos, na que nós participamos, tamén nos contaron unha historia, ilustrada, que tiña como temática o medio ambiente e que estaba inspirada nos nosos traballos.
Na segunda parte da actividade chegou o noso turno. Dirixidos por eles, fomos dando corpo a un debuxo moi logrado e así comprobamos que prestando moita atención e poñéndolle empeño, nós tamén podemos ser uns excelentes ilustradores.
Podedes ver máis fotos premendo na seguinte imaxe.
Xa na clase, con máis calma, botamos unha ollada á nosa revista, "Olladas de futuro".
Queredes vela vós?
Premede no seguinte enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario