xoves, 30 de maio de 2019

Estreamos o espazo Radio Pirata falando de Antón Fraguas



Este martes tivemos a oportunidade de convertirnos en "locutores" da nosa propia radio, Radio Pirata, que está empezando a funcionar, despois dun tempo de descanso.

Anteriormente recitáramos para a radio un poema, "Bicos", e nesta ocasión nós mesmos fixemos de locutores, atentos ás consignas da profe María, que se converteu na técnico de son, e nos avisaba de cando debiamos comezar, cando parar e cando repetir a nosa intervención.




A nosa intervención foi sobre a biografía de Antón Fraguas, o homenaxeado este ano, polas Letras Galegas, na que tamén participaron os compañeiros /as de 3 e 4 anos.









Podedes escoitarnos, premendo na seguinte fotografía.



En semanas anteriores, averiguamos algunhas cousiñas sobre a súa vida, e o ilustramos para un mural





De todas estas ilustracións e as voces de todos os nenos/as de infantil, está composto o seguinte video.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS