xoves, 16 de maio de 2019

SAÍDA A MERCADO E CASCO VELLO DE PONTEVEDRA


Este  mércores 15 a nosa aula asistiu a unha visita ao mercado de Pontevedra.

Como a visita non era ata as 12 da mañá e tiñamos tempo de sobra (xa que compartíramos autobús cos compañeiros de 3º), demos un paseo polo caso vello da cidade, deténdonos nalgunhas prazas coñecidas da cidade



para finalmente deternos na praza da Ferrería, a retratar a paisaxe.



Despois desta actiidade, achegámonos a un parque que está moi preto do mercado, onde merendamos e xogamos ata a hora da visita.





Xa no mercado, saudamos á nai de Gema, que estaba alí no seu posto de flores


e fomos recibidos polas monitoras, que nos ensinaron algúns dos postos do mercado e  nos presentaron a algún/unhas das vendedores/as 





Podedes ver fotos da visita premendo na seguinte imaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS