mércores, 29 de maio de 2019

Sementando- visita á horta



Hai unhas semanas demos unha volta pola horta da escola, que os compañeiros de 2º se están encargando de "traballar",  cultivando algúns froitos e hortalizas.



Ali descubrimos que cultivaran fresas, cebolas e leitugas.

Nós na clase hai tempo sementáramos no obradoiro de compostaxe unhas alubias pero non deron xerminado así que un tempo despois volvimos a sementalas nos mesmos envases.


E nesta ocasión sí houbo cambios e puidemos observar o proceso de xerminación dunha semente.





Ademáis o noso compañeiro Alejandro trouxo unhas sementes de "albahaca" e as prantamos tamén, xunto con tres prantas da fresa, que trouxo a profe.



Na maceta rectangular as tres prantas da fresa





E na redonda as sementes de albahaca.




Neste recanto as temos todas, xunto coas landras de hai meses e  desexamos que neste mes que queda, poidamos observar moitos más cambios!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS