O seguinte compañeiro en levar o Libro Viaxeiro foi MARTÍN. Él contounos que de maior quere ser
CIENTÍFICO!!
Contounos que aos científicos lles gusta moito observar, buscar explicación ás cousas, facer comprobacións, hipóteses e investigar.
No seu traballo, nos explicaba algunhas das actividades dos científicos e por suposto, fixo mención dalgúns moi recoñecidos e importantes polos seus descubrimentos, como Einstein ou Marie Curie.
Martín amosounos algunhas das ferramentas e recursos esenciais para un científico, como o microscopio ou as probetas e ata sae en fotos coa súa bata todo concentrado levando a cabo un experimento.
Anotamos a súa profesión no noso mural, pois esta non a tiñamos todavía. E xa levamos 30 diferentes!!
Todos falamos de Martín e as cousas que nos gustan de él e confeccionamos o seu acróstico.
Ademáis de debuxalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario