venres, 3 de maio de 2019

Estomballarse?



Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS, no cole, todos os nenos de todas as aulas, entre outras actividades que desenvolveremos, levamos  a cabo un traballiño en torno a algunhas palabras galegas moi moi da nosa lingua: feitiño, rabudo, falabarato, petar, toxo, enxebre, colo, trapallada, xeito, e......

ESTOMBALLARSE

Ésta resultou ser a palabra coa que traballaríamos nós.

Para comezar, a profe nos preguntou que que significaba esta palabra tan tan longa..

E isto foi o que dixemos:


Para saber si alguén estaba no certo,  o encargado dese día e unha compañeira foron  pedir un diccionario de galego a primaria



e así averiguamos que o seu significado era: TUMBARSE CÓMODAMENTE.

Quedamos un pouco decepcionados, nos esperabamos outra cousa a verdade, porque a palabra prometía  grandes accións, jeje..

Agora que coñeciamos o seu significado, cada un representou esta acción, uns no chan, outros na mesa, e outros nas sillas a modo de sofá e nos fotografiamos para ilustralo.



Ademáis, tiñamos que ilustrar en papel de maneira individual esta palabra. Cada un deseñou as letras e se apañou para que colleran no papel xunto coa decoración.



De todas elas elixirían unha para confeccionar unhas chapas, ó igual que no resto de clases do colexio, cada aula coa súa palabra.
Estas chapas, se repartirán na celebración das letras galegas.

De entre todas as que fixemos, os mestres elixiron dúas, o debuxo do noso compañeiro Brais e as letras do deseño de Eva e con elas montouse unha única para facer as chapas, a que aparece na seguinte imaxe.



Se premedes nela podedes ver os deseños feitos por todos/as.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS