Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xullo de 2019

Libro viaxeiro: GEMA, PABLO e ARTHUR, de maiores queren ser....



Contámosvos sobre o resto de compañeiros que continuaron o Libro Viaxeiro.

GEMA amosounos o seu traballo super orgullosa e descubrimos que de maior gustaríalle ser BAILARINA, DISCK JOCKEY e MESTRA.




No caso de PABLO él contounos que lle gustaría ser BOMBEIRO e COCIÑEIRO.




E ARTHUR amosounos no seu traballo, levantando diferentes e orixinais solapas,  moitas profesións que lle gustan: PILOTO, MÚSICO, FUTBOLISTA, SOCORRISTA, MODELO, MOTEIRO,COCIÑEIRO OU ACTOR.




En breve poderedes ver todos os vosos traballos nunha video montaxe!!


sábado, 15 de xuño de 2019

E PABLO? Que quere ser de maior?



Foi o turno de PABLO!!

Él de maior quere ser BOMBEIRO  e  tamén  COCIÑEIRO!
Que dúas boas profesións!!
A de bombeiro non a tiñamos anotada no noso mural así que a engadimos.




Pablo elixiu a cor carne para decorar os debuxos que todos fixemos de él.




Aínda que non elixiu a profesión de policía, a él tamén lle gusta e xoga a veces no patio a policías e cacos...

sábado, 8 de xuño de 2019

ANA de maior quere ser....



Pois ANA quere ser PINTORA!!

No libro viaxeiro amosounos moitas das  súas  creacións, pois ademáis de pintar na casa, ela tamén vai a clases de pintura.


Ana  quere un  mundo  cheo de cor e así  preparou o seu traballo, con moitas, moitas cores!



Nas  tres letras do seu nome quedaron reflexados algúns dos adxetivos cos que a describiron os compañeiros/as, pero ten moitos máis!




martes, 28 de maio de 2019

Alejandro quere ser....... de maior......



Despois de Ariadna levou o libro viaxeiro ALEJANDRO  e él contounos que de maior gustaríalle ser.... POLICÍA  E  CONSTRUCTOR.


Alejandro quere ser policía para axudar á xente e atrapar aos malos e tamén lle encanta construir, todo tipo de construccións, e por iso lle gustaría adicarse a isto. Polo momento no recanto das construccións se desenvolve xenial coas súas creacións...así que de seguro que de maior o conseguirá tamén.




O seu nome ten moitas letras pero os compañeiros dixeron un montón de cousas sobre él coas que puidemos confeccionar o acróstico.

mércores, 22 de maio de 2019

É o turno de ARIADNA....cal será a súa profesión?



A seguinte en contarnos foi ARIADNA, que de maior quere ser ESTETICIEN.


Ela contounos que lle encanta maquillar e a todo o que pilla por diante o deixa guapísimo, incluida pintura de unllas.

Os compañeiros falaron de ela, de todo o que lle gusta, o que se lla dá ben, e no seu acróstico deixamos reflexada algunha das súas características e cualidades.





martes, 14 de maio de 2019

MARTÍN de maior quere ser....




   O seguinte compañeiro en levar o Libro Viaxeiro foi MARTÍN. Él contounos que de maior quere ser

                            CIENTÍFICO!!

Contounos que aos científicos lles gusta moito observar, buscar explicación ás cousas, facer comprobacións, hipóteses e investigar.

No seu traballo, nos explicaba algunhas das actividades dos científicos e por suposto, fixo mención dalgúns moi recoñecidos e importantes polos seus descubrimentos, como Einstein ou Marie Curie.

Martín amosounos algunhas das ferramentas e recursos esenciais para un científico, como o microscopio ou as probetas e ata sae en fotos coa súa bata todo concentrado levando a cabo un experimento.


Anotamos a súa profesión no noso mural, pois esta non a tiñamos todavía. E xa levamos  30 diferentes!!


Todos falamos de Martín e as cousas que nos gustan de él e confeccionamos o seu acróstico.




Ademáis de debuxalo.



mércores, 8 de maio de 2019

CECILIA de maior quere ser....



A seguinte en contarnos que lle gustaría ser de maior foi CECILIA e....ela quere ser.....

PASTELEIRA e  ademáis tamén lle gustaría ser XOGADORA DE BALONCESTO.


No seu traballo Ceci aportou moitísimas fotografías cociñando e  con moitas ferramentas e aparellos e se levantabas cada unha delas, debaixo atopabas explicacións sobre este oficio e sobre o que lle gusta a ela.
Ademáis confeccionou un pequeno libro de receitas.

E sobre o baloncesto, Ceci contounos que entrena nun equipo e cando sexa maior gustaríalle adicarse ao baloncesto de maneira profesional e gañar moitas medallas co seu equipo.

Coa axuda da súa familia confeccionaron un enorme balón que a todos nos encantou tocar pois estaba feito con relieve.






luns, 29 de abril de 2019

MAURO de maior quere ser.....



O seguinte en levar o libro viaxeiro foi MAURO, que nos contou que él de maior quere ser......

POLICÍA LOCAL!!






Mauro explicounos que hai dous tipos de policías, os locais e os nacionais e limos no seu libro cales son as diferencias entre uns e outros.

Ademáis axudou a ilustrar o seu traballo e ata puidemos tirar dunha cartolina para velo en acción no seu coche de policía.


Como sempre facemos, o describimos, o debuxamos e confeccionamos o acróstico co seu nome.




sábado, 13 de abril de 2019

Día de teatro no cole e nós somos os protas!!



Este luns pasado o noso grupo representamos para todos os compañeiros de Infantil dúas obriñas que durante este trimestre estivemos preparando coa profe María, nas sesións nas que desdobramos.

Así, a metade de nenos representamos "A cebra Camila" e a outra metade "A mellor sopa do mundo".





Pero para actuar o día esperado, houbo que ensaiar moito, preparar atrezzo, escenario e demáis...e ata preparamos unha invitación para casa e outra para cada aula de infantil.




Ademáis ese mesmo día, pero pola tarde, tamén representamos as obras para as nosas familias.
Que emoción e que nerviossss!!!






Agradecemos a vosa asistencia e para aqueles/as que non puidestes estar, podedes ver as grabacións,
premendo en cada unha das imaxes dos contos.



Pasámalo xenial!!

Gracias profe María por esta estupenda experiencia!!










xoves, 11 de abril de 2019

Contacontos- familia de Gema


Este mércores visitounos a familia de Gema.
O seu pai contounos un conto moi divertido, inventado por él mesmo, "El erizo Mariano".

Para contalo, axudouse dun power point, que a nai de Gema nos foi pasando na pizarra dixital, a medida que transcurría a historia.


O protagonista é o ourizo Mariano, e trata sobre a importancia de colaborar e axudarse. Mariano aprendeu que hai que facer caso ó que din os maiores e tamén, que os amigos son moi importantes e nos axudan cando os necesitamos.






Como despedida, fixémonos unha fotiño con Sandra e Antonio e nos agasallaron cuns globos que antes de marchar Gema se encargou de repartir.




Gracias familia!!

luns, 1 de abril de 2019

DIEGO de maior quere ser....




É o turno de DIEGO!

Él e a súa familia contáronnos no Libro Viaxeiro, que lle encantaría ser un SUPERHEROE e como isto non é posible como profesión, sí lle gustaría unha moi propia de heroes: POLICÍA.


A Diego gústalle moito axudar ás persoas que o necesitan e cando se fago maior seguro que cumpre con esta misión enfundado no seu traxe e montando na súa moto ou neu seu coche de policía, cos que soña desde ben pequeniño.



Como sempre facemos, o debuxamos, cos seus rizos e o decoramos coa cor que él elixiu, azul.




sábado, 23 de marzo de 2019

Libro viaxeiro....IRIA de maior quere ser...



IRIA contounos algo que no nos sorprendeu nadiña: que ela de maior quere ser FUTBOLISTA.
No libro viaxeiro pegou unha fotografía vestida coa equipación do seu equipo favorito.



O que non sabiamos é que ademáis outra profesión que desenvolvería xenial é a de COIDADORA de persoas maiores, nenos, enfermos.... pois a Iria gústalle moito axudar e botar unha man cando alguén o necesita e na casa  axuda moitísimo e coida moi ben de todos, especialmente dos avós.

A debuxamos, e creamos o seu acróstico.










sábado, 16 de marzo de 2019

É o turno de UNAI....de maior quere ser....



UNAI contounos que él de maior quere ser PILOTO de carreiras. 
Na casa practica moito e cando pode tamén vai cos seus pais a pistas especiais para coller velocidade!!



Nos ensinou super orgulloso, as fotos nos distintos karts nas que aparece montado.


Unai escolleu a cor azul para decorar os debuxos que fixemos de él.



E éste é o seu acróstico.


xoves, 7 de marzo de 2019

EVA de maior quere ser...




EVA foi a seguinte compañeira en colaborar xunto coa súa familia no Libro Viaxeiro.


Eva contounos que lle gustaría ser CAIXEIRA DE SUPERMERCADO e tamén PROFESORA.

Ilustrou moi pero que moi ben as dúas profesións, con fotos moi divertidas com aquela na que lle conta un conto a todos os seus bonecos, imitando á profe e ós nenos/as.

Por suposto, Eva escolleu a cor rosa para decorar o debuxo que todos fixemos dela, pois é unha cor que lle encanta.

 




ENTRADAS