xoves, 11 de abril de 2019

Contacontos- familia de Gema


Este mércores visitounos a familia de Gema.
O seu pai contounos un conto moi divertido, inventado por él mesmo, "El erizo Mariano".

Para contalo, axudouse dun power point, que a nai de Gema nos foi pasando na pizarra dixital, a medida que transcurría a historia.


O protagonista é o ourizo Mariano, e trata sobre a importancia de colaborar e axudarse. Mariano aprendeu que hai que facer caso ó que din os maiores e tamén, que os amigos son moi importantes e nos axudan cando os necesitamos.






Como despedida, fixémonos unha fotiño con Sandra e Antonio e nos agasallaron cuns globos que antes de marchar Gema se encargou de repartir.




Gracias familia!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS