Amosando publicacións coa etiqueta decembro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta decembro. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de xaneiro de 2019

Actividade con Saraiva



Na última semana de Nadal visitáronnos dúas usuarias  de Saraiva xunto cunha traballadora da asociación, que leva un tempo participando con nós en distinto tipo de actividades.



Despois de presentarse, nos dividimos en dous grandes equipos e cada unha sentou nunha das mesas con nós, e nos axudaron a levar a cabo a actividade.




Tiñamos que pintar e recortar unhas bolas para pegar en cada árbore que elas tiñan, e xusto ó lado lle escribían un desexo que nós lle iamos dicindo, un desexo de Nadal.






 



Ó rematar, volvimos xuntarnos na zona de asamblea  para escoitalas contarnos algunhas cousiñas que querían compartir e ademáis nós tamén quixemos compartir con elas a nosa panxoliña de Nadal, que lles cantamos moi moi ben.




Ademáis, tiñan unha sorpresa final. Nos trouxeran uns agasallos moi navideños, uns adornos para a árbore, e unha tarxeta de Nadal, que fixeron elas mesmas na asociación.






E unha fotiño de grupo antes de marchar, para que quede de recordo.











mércores, 9 de xaneiro de 2019

Cumpreanos de decembro!



No mes de decembro estiveron de cumpreanos tres compañeiros, BRAIS, DIEGO e PABLO.
5 aniños!!
Con Pablo o celebramos á volta das vacacións, xa que él cumpría o 25 de decembro.

Aquí quedan algunhas fotos das celebracións na aula.


BRAIS









DIEGO







PABLO






Agora,  a  polos 6!!!






 

O Nadal- decoramos a a clase e a árbore do colexio



No mes de Nadal, ademáis dalgunhas cousas que xa vos contamos en anteriores entradas, tamén adicamos tempo a decorar a clase e o colexio, especialmente a árbore.

Para a nosa aula, pintamos con témpera gorros de Papá Noel,









Tamén pintamos con témpera dourada ou vermella, unas bolas enormes feitas en cartón.



Nas que cando secaron, pegamos a foto da nosa cara co gorriño.



E as penduramos do teito da aula.





Ademáis confeccionamos un adorno para árbore, que o último día levaríamos para casa.
Debatimos sobre qué tipo de adorno facer e finalmente quedaron dúas opcións entre as que elixir: ÁRBORE ou  ESTRELA.




E....mans  á  obra!!


 Había que pintar os  paos depresores que precisabamos para cada figura.



e logo con cola branca, pegarlles  distintos materiais para decoralos.




e por último, no caso das árbores, cubrir o pao do tronco, cun cordel dourado. Isto foi o que máis nos costou levar a cabo e precisamos axuda, porque había que tensalo moito sinón se soltaba e volta a empezar.






E a colocalos na árbore, xunto cos dos nosos compañeir@s de 3 e 4 anos.








Tamén colaboramos coa biblioteca para facer moitos "ABETOS POETAS". Abetos que se farían coas mans de todos nós, que previamente pintamos de verde e no que había que pegar una palabra relacionada co Nadal, ou un desexo, poema....





Nós  estivemos aprendendo unha rima neses días e como resultaba alegre e navideña, decidimos escribir cada un unha palabra para pegalas no noso abeto.

"DIN DON DIN DAN,
 BADALADAS QUE DIRÁN.
NADA DIN, NADA DAN.
DIN DON DIN DAN".

Levámoslle a nosa man a Rufiño....




E que  sorpresa cando fomos á biblioteca uns días despois!!


Alí  estaba  o  abeto montado coas nosas mans e a poesía.




Tamén  fixemos unha cinta  para  a  cabeza  con bonecos de neve e estrelas, para cantar a panxoliña de Nadal.





E a portada para os nosos traballos do trimestre.




Nos fotografiamos cunhas gafas moi festeiras  de Papá Noel e de renos.





ENTRADAS