Amosando publicacións coa etiqueta febrero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta febrero. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de febreiro de 2019

AINHOA de maior quere ser....




AINHOA foi a seguinte compañeira en completar o Libro Viaxeiro e contarnos que lle gustaría ser de maior.


A ela gustaríalle ser PERRUQUEIRA.

Encántalle xogar coas súas bonecas a peitealas e maquillalas e a súa familia está encantada de que algún día estudie para esta profesión, pois así xa non terán que sair de casa para estar  super guapos tódolos  días!!


Debuxamos a Ainhoa coa súa coleta e compretamos o seu acróstico desta maneira:




luns, 18 de febreiro de 2019

Continuamos cos CELTAS





Como vos contamos, demos comezo ó proxecto sobre os CELTAS.

Volvimos ó corredoiro para ver o panel-puzzle xa finalizado con todas as pezas completas, cada unha con referencias a unha CIVILIZACIÓN.



Alí estaba a nosa.



Na parede de enfrente, no enorme mapa mundi que xa levaba un tempo nese lugar, puidemos decatarnos de que había colocadas unhas tarxetas con fotos ou imaxes que algunhas nos resultaban coñecidas.


Fomos emparellando cada tarxeta coa civilización que tiñamos no outro lado e coa nosa en seguida nos decatamos de que era a tarxeta igual que a casiña de pedra e palla que trouxera o noso compañeiro Alejandro  días antes.


unha réplica dunha casa celta.



Xa de volta na aula, deixamos reflexado no noso mural do proxecto aquelas cousas que sabíamos sobre os celtas, e que ó longo desa semana se foi ampliando, e tamén o que queríamos saber:



E como o primeiro que tivemos nas mans foron eses símbolos tan curiosos, por equipos, e equipados cun ipad, buscamos en google o significado dos nosos, os que levaramos a casa para preguntar. 






Había que turnarse para desenvolver as diferentes tarefas ata chegar ó noso obxectivo:
escribir en google para atopalos, ler o seu significado (era tanto o que estaba escrito de cada símbolo que aquí nos axudou Ángela para seleccionar o que realmente nos interesaba a nós), anotar o significado nun papel, pegar símbolo e significado no mural.. E cada equipo utilizou a súa estratexia: uns facían todos todo turnándose de cada vez, noutro cada quen se ocupaba do que lle gustaba máis ou se lle daba mellor; noutro o coordinador decidía e os demáis se deixaban levar polas súas indicacións....pero dunha maneira ou doutra todos participamos.









E éstes son os símbolos que conseguimos atopar nunha sesión e no tempo marcado.







xoves, 14 de febreiro de 2019

mércores, 13 de febreiro de 2019

Brais de maior quere ser....



A semana pasada foi BRAIS quen levou o maletín....e transcurridos uns días, contounos que él de maior  quere ser COIDADOR DE ANIMAIS.


Él e a súa familia contáronnos no libro viaxeiro, que a Brais sempre lle gustaron moito os animais e que pode pasar horas e horas xogando coa súa super colección.

Ademáis tamén nos explican en que consiste esta profesión e os lugares onde poder exercela como os zoolóxicos, acuarios, safari parks...

Como sempre facemos, describimos e falamos do noso compañeiro, aportando moitas características para o seu acróstico.



E o debuxamos decorándoo coa cor amarela, que é a que él escolleu.



Cantas profesións novas estamos coñecendo!!


sábado, 9 de febreiro de 2019

Álvaro de maior quere ser...



ÁLVARO de maior quere ser DETECTIVE PRIVADO.

Sí, sí, ledes ben, detective!!






A súa familia nos conta algunhas características desta profesión e a Álvaro dáselle moi ben investigar sobre as cousas, e buscar probas coa súa super lupa.

Os compañeiros contaron moitas cousas na súa descripción e con elas fixemos o acróstico.




Ademáis, escolleu a cor verde para decorar o seu debuxo.







ENTRADAS